Hoxe, xoves 5 de novembro, Eva e Nuria, membros da Biblioteca do Ágora, levaron a cabo cos catro grupos de 1º ESO, a primeira, das dúas sesións, da actividade de Alfabetización informacional que van desenvolver. Coa actividade preténdese que os alumnos coñezan a Biblioteca do Ágora, o seu espazo e os servizos que ofrece, e ademáis, saiban facer procuras de recursos e información tanto na Biblioteca coma de maneira virtual.
Despóis da primeira sesión informativa, os alumnos de cada aula formaron catro grupos. Na segunda sesión da formación, que terá lugar na Biblioteca do Ágora, cada grupo realizará un traballo que versará sobre unha das temáticas seguintes:
< Os espazos da biblioteca Ágora.
< As recomendacións de libros, música, películas, etc.
< Actividades, suxestións.
< Servizos que presta a biblioteca do Ágora.
Logo de facer os traballos, escollerase un de cada aula e colgarase no blog da biblioteca do instituto .
Deixámosvos varias ligazóns á presentación e ás galerías de fotos sobre a actividade deste xoves.
Fotos en flickr da sesión de hoxe no instituto
Presentación utilizada na sesión de hoxe de Alfabetización Informacional
https://prezi.com/diq5nt4j1yid/alfabetizacion-informacional-agra-i/