Dende a Biblioteca botamos a andar un curso máis o Club de Lectura BABEL, para compartir o gusto polos libros e para promover a relación e a participación de toda a comunidade educativa.
Será unha reunión ao trimestre, os luns pola tarde. O grupo estará formado por nais, pais, alumnos, profesores e persoal non docente, non sobrepasará o número de 20 membros.
Teremos a primeira reunión o Luns 16 de Novembro ás 16.30 h., nesta reunión escolleremos aquelas lecturas que imos compartir.
Os esperamos con moita ledicia.
Un saúdo
A Biblioteca