O Agra rexeita toda forma de violencia

O pasado venres 20 de novembro, por iniciativa dun grupo de 1º da ESO: Adrián Piñeiro, Brandon Morgade, Mario Antonio Portuondo, Miguel Fariña e Uriel Flores, a comunidade educativa do IES Agra do Orzán reuniúse para rendir homenaxe e dar apoio ao pobo Francés.  Fíxose no hall do instituto unha concentración para rexeitar a violencia e o terrorismo. Durante esta pasada semana na clase de Francés e de Cultura Europea, que ten unha sección bilingüe, estiveron traballando a problemática que sofre o pobo Francés e aprenderon o seu  himno. Foron moitos os  alumnos que secundaron a proposta na  que tamén participou de xeito especial a lectora de Francés Jennifer Geiser.
Adxuntamos varias fotos do acto 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s