XOSÉ NEIRA VILAS 1928-2015

Escritor galego nado en Gres (Pontevedra) en 1928, non seo dunha familia campesiña, pasou a nenez e adolescencia na súa aldea natal compaxinando a escola coas labores agrícolas. Emigra moi xoven a Arxentina e a Cuba. As súas vivenzas infantís son a base material das súas historias. Unha das obras máis lídas e traducida a outras linguas (traduciuse a 15 idiomas e o verán pasado levaba 600.000 exemplares vendidos) é Memorias dun neno labrego (1961). Outras da mesma temática son  Cartas a Lelo (1971) e AqueleNEIRA VILASs anos do Moncho (1977).

En Cuba produxo a meirande parte da súa obra antes citada e ademáis Xente no rodicio (1965)  A muller de ferro (1969) e Querido Tomás (1980).

As súas novelas Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968) e Remuíño de sombras (1973) abordan o tema da emigración e o desarraigamento. As dúas últimas sitúanse en Bos Aires; Tempo novo (1987), en cambio, transcorre na Cuba posterior á revolución. En De cando Suso foi carteiro (1988) recupera ao protagonista infantil.

Ademais de narrativa, Neira Vilas é autor dunha ampla obra poética, ensaística e xornalística.

Radicouse, con Anisia a súa dona (escritora e xornalista) en Gres en 1994, na aldea natal, onde presidiron a Fundación cultural Xosé Neira Vilas.

Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dous Poetas.

Ademáis de figurar entre os autores máis lídos da literatura galega, Xosé Neira Vilas é quizáis ou narrador que mellor expresou a dureza da vida campesiña e o sentimento do desarraigamento do emigrante galego.

Morre o pasado venres 27 de novembro na súa casa de Vila de Cruces.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s