No mes de Novembro dende a Biblioteca Ágora púxose en marcha un programa de Alfabetización Informacional (AI) cos alumnos de 1º e 2º de ESO. Desenroláronse unhas sesións previas no centro e logo as visitas á biblioteca do Ágora. Nestas sesións conformáronse diferentes equipos de traballo atendendo a contidos e inquietudes diferentes.
Xa saíron publicados no blog Suma Ágora os traballos dos equipos gañadores de 1º ESO, traballos que pola súa forma de presentación, pola súa orixinalidade, pola súa creatividade e/ou polos seus contidos, quixeron reseñalos no blog.
COMPARTIMOS Á LIGAZÓN AO BLOG SUMA ÁGORA