O venres 29 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e da Non Violencia. Os alumnos de Relixión Católica de 1º da ESO sinalaron nun mapamundi os países en conflito armado ou con disputas de alto risco. Tamén os alumnos de 4º da ESO fixeron unha selección de premios Nobel da Paz e alumnos do grupo de voluntariado da Rede Solidaria, nos dous recreos, fixeron un fotocall co lema Abraza ao mundo. Deixamos una selección de fotos da actividade.