I PREMIOS DADO ( Grupo de clubs de lectura do IES Zaleta, IES Monelos, IES Monte das Moas,IES Elviña, IES Rafael Dieste, IES Agra do Orzán)
Vídeoanimación lectora
CATEGORÍAS:
1ª : Vídeo individual elaborado sen retoques tecnolóxicos por algún membro pertencente aos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro no que se centra a animación á lectura pode pertencer ou non aos traballados nos clubs. Tres premios: 1º premio: 50 euros; 2º premio: 30 euros e 3º premio: 20 euros en cheques-libro.
2ª : Vídeo grupal dun libro traballado nun equipo de lectura sen retoques tecnolóxicos (mínimo 3 membros). Necesariamente os equipos terán que ser de rapaces que participan actualmente nun club de lectura e centrarse nun libro que se leu ou se está a ler. Tres premios : 1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine.
3ª : Vídeo individual elaborado cuidando o feito tecnolóxico. Poderán ser feitos por alumnos alleos aos clubes de lectura ou non, e o libro obxecto de animación non ten que pertencer aos lidos polos nosos clubs. Dous premios: 1º premio: 30 euros e 2º premio: 20 euros en cheques-libro.
TEMPO DOS VÍDEOS:
Entre 2 e 3 minutos os individuais; e cun máximo de 4 minutos o grupal.
OBXECTIVOS:
- O principal, persuadir aos espectadores para que lean o libro
- Secundarios: Valorarase en positivo a utilización do galego, ten que aparecer a portada do libro. Os alumnos teñen que ter un papel predominante no vídeo. A súa imaxe ten que aparecer.
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:
Faranse 2 niveis por categoría (por unha banda alumnos de 1º e 2º ESO; e por outra, alumnos de 3º ESO en adiante). Cada centro poderá enviar un máximo de 4 vídeos por nivel e categoría.
A data tope de recepción dende cada centro será o 18 de marzo .
Os nominados serán convocados para a actividade do Ágora, con motivo do Día das Letras Galegas, ao redor do 17 de maio, e aí faremos unha gala con proxeccións incluidas.