Club de lectura BABEL. O corazón de Xúpiter

O pasado mes de xaneiro tivemos  a sesión do club de lectura BABEL, limos O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.

A protagonista,  Isla,  muda de cidade e empeza de cero nun novo instituto.Gustáballe pasear polo ciberespazo baixo o nick Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nome que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba.  Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas.  Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter.… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. 

Este libro trata a adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, cos seus amores.  A homosexualidade, tratada con total naturalidade, o acoso , a Internet,  a incomprensión paterna… en calquera destas partes poden os mozos e mozas sentirse reflectidos.E a morte, está aí en varias ocasións, porque igual que o amor, forma parte da vida. O final invita á reflexión .
É  unha lectura amena.Pero todos os  que compartimos a  súa lectura tivemos  a opinión
de que  se trataban moitos temas e a autora non afondaba moito en ningún .

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s