A pasada semana con motivo do Día das Letras Galegas a Biblioteca do Ágora fixo a campaña da Chiscadela a #ManuelMaría que desenvolveu dentro do traballo de colaboración conxunto co CEIP María Barbeito para celebrar o día das #LetrasGalegas2016. Algúns membros da nosa comunidade educativa participaron nela facendo unha chiscadela ao escritor chairego Manuel María .
Aquí tendes o enlace ás fotos.