GAÑADORES DO CONCURSO DOS MICRORRELATOS

Parabéns a PAULA SALGADO TORRES  de 1º ESO-B  polo microrrelato DISPARA, obtivo o 1º Premio da categoría  A do concurso.

                                                       DISPARA!
Hoxe, volvo da guerra. Despois de tantas batallas perdidas, por fin son libre, pero isto non é motivo para estar ledo, porque ao chegar á casa, o monstro estarame agardando.
Hoxe, rematan as clases. Despois de tantos exames suspensos, por fin podo descansar, pero non debería estar ledo, porque ao chegar á casa, mamá estarame agardando.

Noraboa tamén a XOANA GONZÁLEZ GARCÍA   de 1º BAC -A polo 2º premio da categoría B co microrrelato INTRAVENOSO 

                                                INTRAVENOSO
O seu inimigo sorría fronte a el . Cunha mirada desafiante, os seus ollos indicábanlle a verdade: coñecía todos os seus segredos.
A tensión fíxoos explorar e , fartos un do outro, lanzáronse unha puñada que rompeu, incluso, o espello.

Parabéns a Alicia Martínez Ansede de 4º ESO-A, que quedou finalista na súa Categoría B, polo microrrelato COR.

COR
Espertei nun mundo gris, onde os obxectos grises non se distinguían. Onde as persoas grises, coma nós, non destacaban no manto cincento do planeta. Ata o sol brillaba gris no gris horizonte. Ser saír ou pórse, só sigue cara algo máis escuro.
Camiñei pola avenida escura, coa xente solitaria, cega. Sempre sen rumbo, cara a escuridade máis brillante.
Unha nena chea de cor apareceu na escura rúa, pero ninguén parecía vela. Estaba soa e asustada por non seguir ao resto, pero tras das bágoas parecía libre. Feliz.
Tentei collerlle a man, acollela na miña casa gris, pois era o correcto. Miroume sorprendida e quixo soltarse. Fun tranquilizala con grises palabras. Alterouse máis. De verdade cría no que dicía? Non importaba. Turrou de min e conseguiu que cedera un paso cara o seu mundo. O que dicía si importaba, todo importaba…
Solteina y mirei o ceo azul.

O sol estaba saíndo.
Deixámosvos os dous vídeos finalistas na categoría C, colaboraron na parte técnica BRANDON MORGADE DE 2º ESO- A e  GABRIEL ALONSO de 1º BAC -B. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s