Este pasado luns tivemos a última sesión do Club de Lectura BABEL .
Fixemos unha análise do libro Miña querida Sherezade da escritora Andrea Maceiras e ilustrado por Antonio Seijas. Este libro está baseado no conto orienta As mil e unha noites.
Falamos de moitos temas que aborda o libro: a emigración dos galegos, o amor, a vida na aldea galega, a emancipación da muller, a guerra civil e a postguerra, e sobre todo o amor aos libros e á literatura. Gustounos moito a frase que dí Sherezade na páxina 106 do libro “…este é o prezo da eternidade, ver que todos se marchan e ter que seguir adiante”…
Resaltamos o amor polos libros e á súa lectura , pensamos nos libros que marcaron á nosa vida e eleximos ao personaxe que máis gustounos.
Despois de ler esta historia tan fermosa ,non podemos facer outra cousa que non sexa ler de novo As mil e unha noites.
Ábrete sésamo !!!