
Cartaz feito polo profesor de Educación Plástica e Visual, Joaquín Perales.
A profesora María Vilariño e o profesor Alfredo Blanco, dos departamentos de Lingua Galega e Castelá respectivamente, levarán a cabo un proxecto no cal buscan implicar a toda a comunidade educativa e fomentar a lectura no centro.
Os estudantes elaborarán relatos curtos de terror , cun mínimo de 350 palabras ata un máximo de 500. Unha vez reunidos os relatos , serán depositados nuns buzóns terroríficos, feitos en colaboración co departamento de Plástica, para que calquera os poida coller e ler. Levarán un premio os buzóns máis orixinais e aterradores.
Anímate a participar!