Elisa e Marcela

Os Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega acompañaron o alumnado de 2º ESO a ver a obra  Elisa e Marcela, representada no teatro Colón  pola compañía A Panadaría.  

A obra narra a historia de dúas mulleres coruñesas no  ano 1901 que casan pola igrexa , pero para enganar ao cura unha delas, Elisa, transfórmase en Mario. O casamento, e todo o que lles ocorre despois, convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia nesa época. Estas dúas mulleres coraxe, Elisa e Marcela, cuxo amor resistirá  máis dun século,  servirán de exemplo  para  que  outras  poidan  selar a súa relación. Son un símbolo  da defensa dos dereitos das parellas lesbianas. 

1322324027_0

Deixámosvos unha reportaxe de  Marta Fernández Escobar en youtube na cal aparece a exposición que fixo a Universidade da Coruña na Normal con motivo do  Festival Coruña Visible 2011.   

Suliñar que  Isabel Coixet dirixiú unha película baseada na vida destas dúas mulleres. O reparto principal do filme está formado por María Valverde (Tres metros sobre el cielo, Cracks) e Natalia de Molina (Vivir es fácil con los ojos cerrados, Techo y comida). Aquí tendes a ligazón ao audio do programa ” Te doy mi palabra”, de Onda Cero, presentado por Isabel Gemio e entrevistando a Isabel Coixet.

Unha opinión sobre “Elisa e Marcela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s