Viaxe pola cidade das Burgas

O pasado martes 24 de outubro asistimos, no Auditorio Municipal de Ourense, a cerimonia de entrega dos premio do VIII certame de cinema escolar OUFF Escola, no que participamos coa curta “Simplemente persoas creada durante o curso 2016-2017 por un grupo de alumnos de música de 3º ESO. Non obtivemos ningún premio pero igualmente sentímonos moi orgullosos por ter sidos capaces de levar a cabo o noso traballo grupal de creación audiovisual.

Teresa Méndez , profesora de Música.

IMG_20171024_125326

O alumnado de 4.º de ESO que non acudiu á entrega de premios do OUFF Cinema aproveitou a mañá para coñecer a cidade de Ourense a través dun percorrido que tivo dúas partes. Por unha banda fomos vendo a Catedral de San Martiño, a Praza Maior, a Igrexa da Santísima Trindade e o Parque do Posío e atendendo ás explicacións da profesora de Historia, Emma Alvarellos, sobre os diferentes estilos arquitectónicos. Por outra, realizamos case todo o percorrido que o Castizo, o Bocas e o Milhomes fixeron na novela de Eduardo Blanco Amor, A Esmorga (1959). A través desta ruta camiñamos desde a Avenida de Zamora, lugar onde se situaba a taberna da tía Esquilacha até o Parque de San Lázaro, onde nos detivemos para xantar e repor forzas de cara á visita da tarde á Casa-Museo de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Deixámosvos a ligazón ás fotos  

Camiñar por onde camiñaron os célebres personaxes de Blanco Amor permitiunos visitar a fonte das Burgas para, como eles fixeron, probar a temperatura das augas; a Fonte de San Cosme, a Calella de Pena Vixía e a Praza do Correxidor, entre outros puntos destacados da cidade.

Á tarde deixamos cedo Ourense para visitar un lugar fundamental para comprender a obra literaria de Otero Pedrayo e, por tanto, boa parte da narrativa galega de principios do século XX. A responsábel da Casa-Museo recibiunos con enorme amabilidade e permitiunos transitar polas estancias en que morou o autor. O grupo ficou especialmente fascinado coa galería modernista da casa (deseño de Castelao), cos libros e cos obxectos persoais de Otero que se espallan por toda a casa e co mapa de Fontán que asombrou ao noso alumnado tanto polo seu significado como polo seu tamaño.

María Vilariño , profesora de Lingua Galega  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s