Curtas no Samaín 2017

O alumnado da ESO visionou curtas relacionadas co Samaín e leron relatos en voz alta na Biblioteca. Organizaron á actividade os  departamentos de Lingua Castelá, Francesa e Lingua Galega xuntamente ca Biblioteca. Nesta ligazón están os horarios dos grupos. 

O departamento de Lingua Galega quere agradecer a colaboración do  CGAI da Coruña  que lle emprestou as curtas que se proxectaron para celebrarmos o Samaín. Algunhas das visionadas foron : 

O Globo, 2000/ 35mm/ 14 min./cor. Produtora :  Monicreque Producciones. Dirección : Álex Valle. Sinopse: Un home maniatado esperta encerrado nunha estraña estancia sen portas nin ventás e na que hai só un pequeno buraco. 

Trofeo, 2002/ 11 min/cor . Produtora: Ibisa TV. coa colaboración da TVG e TV Ponferrada. Dirección:  Emilio José Álvarez García. Sinopse: Un mozo goza dunha mañá de outono nun bosque afastado da civiliación . Todo parece normal até que descobre no medio da bruma matinal un ancián vestido con pixama e zapatillas.   

Taxia, 2002/3min./cor. Productora: Dygra Films. Dirección: David  Robles. Sinopse: Taxia é unha historia dunha anciá que, pola súa idade, sofre alteracións na súa percepción da realidade. E isto, nalgunhas ocasións, leva o noso personaxe a adoptar unha conduta un tanto psicópata.

Ligazón ás fotos da actividade. 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s