Hoxe o alumnado de 1º BAC ( Cultura Audiovisual) e de 2º BAC ( Historia da Música e a Danza) visitaron as instalacións e platós de Voz Audiovisual na Coruña. Alí poideron coñecer todo o proceso de creación audiovisual dende que xorde unha idea ata que vemos o resultado final na pantalla. Na preprodución pártese dunha idea base e unha escaleta, que no argot audiovisual lle chaman” biblia”, fundamental aquí o traballo de produción para que todo estea listo para cando chegue o momento de rodar. Na rodaxe interveñen moitas máis persoas das que un podería imaxinar, alén dos actores, iluminadores, sonidistas, rexidor, etc. E finalmente a postprodución, un traballo moi laborioso e do que depende o resultado final.
Percorremos escenarios de distintas series famosas, visitamos as estancias de perruquería, maquillaxe e vestiario. Viron onde se rodaba Viradeira e ademais tiveron a oportunidade de ver a gravación dunha escena de Serramoura , series de moito éxito da TVG.
Ao longo da visita acompañounos María que nos axudou a comprender mellor todos os segredos desta profesión . Unha das cousas que máis chama a atención é a variedade de profesións que conflúen no traballo audiovisual ( filólogos, historiadores da arte , periodistas, carpinteiros, perruqueiros, etc…).Imprescindible o traballo en equipo ¡¡¡