Ao longo deste mes de xaneiro o alumnado de 4º ESO participou nunha nova edición de Libros Vivintes organizado pola Biblioteca Ágora. Puideron coñecer a historia de persoas do barrio que tiñan moito que contar das súas vidas: Raquel Santamaría, Tono Formoso, Belem Tajes e Bea Lema.