Hoxe comezamos a celebrar o día de Rosalía de Castro. O alumnado de 3º ESO na materia de Lingua Galega gravou uns vídeos recitando poemas da autora.
As caretas e os cartaces están feitos pola rapazada de 1º ESO na materia de Educación Plástica. Colocáronse nas fiestras como mostra da nosa homenaxe á poeta. Continuaremos recitando a Rosalía en diferentes linguas a semana próxima. Logo de todo faremos un vídeo recompilatorio do recitado. Enviarémolo a @aelg sumándonos a súa iniciativa #AbrideAFiestra
Aquí deixamos unha escolma de vídeos do noso alumnado de 3º ESO.
Excelente trabajo y puesta en escena!!
GústameLiked by 1 person