Hoxe tivemos a última sesión, neste curso, do Club de Lectura BABEL
Compartimos impresións sobre o manga galego TAM de Aldara Álvarez que levou o Premio Fin de Curso 2017 na escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético. Retranca Editora púxoo nas librerías este pasado febreiro e está a resultar un éxito. Podes escoitar a Aldara nunha entrevista que lle fixeron en Radio Pontevedra.
Aprendimos a diferenza entre o cómic e o manga, analizamos os personaxes da historia e falamos da escravitude da moda e a importancia que hai na sociedade sobre a imaxe física, sobre todo nas rapazas. Sen olvidar a influencia das redes sociais.