Hora de Ler

Rematamos a Hora de Ler co alumnado de 1º e 2º ESO.

Ao comenzo de curso levamos a proposta ao claustro coa idea de conseguir profesorado voluntario para a realización da actividade que consistiría na lectura en silencio durante 20 minutos diarios de libros procedentes dunha biblioteca de aula creada para a actividade ou ben de libros que o propio alumnado aportara.

Presentamos os resultados da enquisa de avaliación que nos serviu para analizar e valorar a información aportada polo alumnado:

1º ESO

  • Un 41,49 % do alumnado de 1º ESO, dunha mostra de 94, consideran que ten algunha afección pola lectura.

  • Un 40,43% trae os libros da súa casa.

  • Consideran que o tempo de lectura foi abondo e cumpriuse case sempre.

  • A un 68,09 % gustaríalles que continuase para curso que ven.

  • Un 52,13% afirma que a lectura serviu para mellorar nos estudos.

2º ESO

  • Un 47,78 % do alumnado de 2º ESO, dunha mostra de 90, consideran que ten algunha afección pola lectura.

  • Un 36,67% trae os libros da súa casa.

  • Consideran que o tempo de lectura foi abondo e cumpriuse case sempre.

  • A un 66,67 % gustaríalles que continuase para curso que ven.

  • Un 42,22% afirma que a lectura serviu para mellorar nos estudos.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s