Na última semana, antes das vacacións de Nadal, compartimos momentos moi emotivos cos usuarios do Centro de día Novoboandanza, situado preto do instituto. Quixemos así desexarles un Bo Nadal.
Grazas á colaboración de Maru Cardiel, bibliotecaria do Ágora e á voluntaria Marisi, puidemos unha vez máis intercambiar experiencias e compartir historias cos maiores pero esta vez centradas nas panxoliñas . Grazas ao coro de música dirixido pola profesora Teresa Méndez e ao grupo de alumnas e alumnos voluntarios, vivimos momentos moi alegres . Este vídeo procura resumir os instantes vividos.
Compartimos o vídeo feito pola Biblioteca municipal Ágora colgado no Instagram das bibliotecas municipais para felicitar polo Nadal. GRAZAS !