O pasado martes o alumnado de 3º ESO e os membros do Club de Lectura de Poesía, tiveron un encontro co poeta Carlos Negro. Gozaron da súa poesía moi cercana o noso alumnado. Carlos xoga sempre con temática de actualidade.
oznor
oznor
Tamén experimentamos que os poemas saben deliciosos, como o chocolate negro, citando a Kirmen Uribe ” Un poema é como unha onza de chocolate: escuro, pequeno e o máis bo do mundo”.
Ademáis da súa poesía, Carlos Negro vén con complementos: laranxas, bonecas, xoguetes e moitos e bos libros.
cof
cof
cof
Dámoslle as máis sinceras grazas a un poeta que se achega á mocidade cun berro de esperanza que racha clixés.
Por certo, compartimos a dedicatoria que nos fixo de catro avatares con catro perfís psicolóxicos, moi chula !!!.