Con voz de primavera

A asociación de veciñas e veciños da Agra do Orzán convidou o instituto a participar no I festival Con voz de primavera. O resultado desta colaboración foi unha tarde poética, musical, ilustrada, familiar… Tivemos o luxo de compartir versos e escenario do Ágora con Aldaolado. Deixámosvos coas imaxes e coas voces do noso valente e profesional alumnado protagonista:

 Podedes ver as fotos nesta ligazón 

“O festival gustoume moito. Unha experiencia preciosa xunto a xente xenial e encantoume ver algún talento dos meus profesores e compañeiros. Quedei abraiada, gustoume moito presentar e tamén me emocionei co vídeo de Matriarcas do IES Agra. En xeral unha experiencia extraordinaria. Grazas por confiar en nós e darnos a oportunidade de saír ao escenario. Moi contenta de compartir o meu tempo convosco.” (María Estévez)

“Sentinme moi ben, pero a verdade é que tiña máis nervios dos que normalmente teño porque no ensaio xeral me equivoquei moito. A sorte que tiven foi o honor de ler dous poemas e que as autoras (Lucía Aldao e María Lado) puidesen sentirme. 

En conclusión: foi unha experiencia preciosa. Repetiría sen dubidalo.” (Yammila Barceló) 

“Para min significou unha fermosa experiencia e tempo para aprender máis, coñecer talentos ocultos dos meus compañeiros e profes. Gustoume moito presentar, significou moito para min que confiasen en nós para presentar o festival. Emocioneime moito cando leron o poema escrito polo director, Diego, para as nais. Púxenme a chorar. O vídeo de Matriarcas do IES Agra e o rap cantado por Diego Cayazzo foron dos mellores momentos. Temos que facer máis cousas como estas. Pasámolo xenial. Coñecémonos todos moito mellor. Foi incrible!!” (Romina Maquiel)

“Encantoume ir ver o festival. O piano acompañando o recitado dos poema pareceume fundamental. Dáballe forza, tenrura. 

Estivo todo espectacular. Sentín conexión cos profes e cos alumnos. Tería que facerse moitísimas máis veces. 

O vídeo de Matriarcas do IES Agra e o poema de Diego emocionáronme”. 

“Sentinme moi nerviosa cando me tocou recitar, pero o pasei moi ben vendo as actuacións dos demais e quedou todo moi fermoso e emotivo. Foi unha boa experiencia.”

“A pesar de que no momento do recital estivese nerviosa, acabei pasándoo moi ben. Oxalá se repita este evento xa que foi unha experiencia moi fermosa tanto para min como para os/as demais compañeiros e compañeiras.

Tamén teño unha petición para o ano que vén, que se engadan actuacións máis variadas: teatro, baile, animación…”

“A miña sensación ao principio eran nervios e vergonza, porque non quería facelo mal, mais unha vez que o fixen, xa estaba máis tranquila.

O festival na miña opinión foi moi fermoso e quedou moi ben, ademais preparalo foi moi divertido e entretido.”

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s