O martes 7 de maio 18 alumnos/as do noso instituto de 3º ESO e 1º BAC, acompañados polo seu profesor de francés François Davo e a profesora de matemáticas María Vidal, participaron no 12º Festival da Francofonía que convoca o IES A Basella de Vilanova de Arousa.
O noso alumnado interpretou unha canción dun histórico grupo de rock francés, Téléphone.
Desde aquí queremos dar as grazas á profesora Nieves Vecilla polo seu enorme traballo. Salientar o apoio do
Concello da vila.
Aquí tendes á ligazón ao vídeo do evento colgado polo concello de Vilanova de Arousa. O noso alumnado canta a partir do minuto 02:47″