Comezamos unha vez máis o Club de Poesía con poemas dunha persoa moi achegada ao barrio. Nesta primeira sesión non desvelamos o nome. Lemos os poemas e, entre o remexido que fixemos cos títulos de todos, a rapazada foi elexindo o que consideraba que lle acaía mellor. Sen pretendelo e, con todo o noso respecto á persoa autora real das poesías, convertémonos en (re)creadoras e (re)creadores de poemas.
O vindeiro xoves 25 remataremos con esta actividade. Haberá sorpresas. Non faltedes.