DÍA DA PAZ 2020, MALIA TODO!

Malia termos un día chuviñoso, malia organizarmos o acto só un día antes, malia non termos a pantalla de vídeo montada, malia a existencia de voces que din: “para que celebrar a paz cando non a temos?”…,

malia todo…,

as nubes deixaron paso ás raiolas de sol reconfortantes;

malia todo…

nun día fostes quen de atopar esa camisola branca no fondo do armario e situarvos na liña de xiz que previamente axudara a pintar a rapazada do Raquel Camacho para que vós formarades o símbolo humano da paz;

malia todo…

o vicedirector non dubidou en enchufar o seu móbil aos altofalantes para que desde o fondo do patio se escoitase a canción de Antonio Flores mesturada coas vosas voces, acalando esoutras que dicían: “para que celebrar a paz…? E xunto coa pomba que o ano pasado fixerades coa profesora Milagros e que voluntariamente fostes montando, cos caligramas poéticos que fostes colgando na corticeira da entrada e mais coa pancarta que este ano creou o alumnado de 1º da ESO coa profesora Laura Velasco para lervar o vindeiro luns na Cadea humana pola paz e a nonviolencia… conseguistes transmitirnos a vosa xenerosidade, colaboración, ledicia, as vosas ganas de facer e seguir adiante. Sen dúbida, pasos esenciais para a construción da PAZ.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s