Información tirada da páxina da RAG:
(…) coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas (…)
- Primeiro cartel Día das Letras
4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. (…).
5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas.
De seguro que Carvalho Calero opinaría o mesmo se estiver alí. A súa admiración pola autora deixouna patente nos seus versos. O primeiro poema data de 1935.
Madrigal a Rosalía
A ti, sombra perdida, esprito pervagante,
que entre néboas de alén andas errante.
A ti, clara voz morta, ollos feridos,
pazo esquecido, outono
lonjano, chúvia
aceda de lecer, sibila
chorosa; a ti, que tes
o corazón de lua traspasado,
nas mans tremor de maina bris que ri,
as fazulas aradas pola dor
-oh estadea de bágoas sen fine na fronte un fantasma aluarado:
a ti,
de min,
aos pes,
a fIor
dun siléncio ajoellado.
Rosalía
Foches unha mociña, viva chama,
que se queimóu no lume decotío.
Como a Brunilda, arrodeóute un valo
de herdados fogos, língoas de outro esprito.
Ningún Sigfrido liberóute. Virxe,
a ti mesma aluméacheste Sigfrido.
E saíches da Islandia do teu sono,
pra unha Worms sen coroa e sen marido.
Pura, no teu castelo solitario
ollache o ceo, enxergache o abismo,
veados os retratos familiares,
as cartas sen abrir, pechos os libros.
Como unha nube, pois, como unha brétema,
como un arcanxo ou como un asubío,
chegóu a ti o Segredo, unha aza branca
e outra moura. Dixécheslle: «Benvido».
Ninguén cho presentóu. Ti o percuraches.
O que dos outros tiñas deprendido,
esquecido ficóu. SÓ xa o diálogo
co enigmático Hóspede sostido.
Rosalía. Cantares… Dedicado a Fernán Caballero pseudónimo da escritora Cecilia Böhl de Faber. Mulleres. Cancións.
Onte comezamos cun vídeo musical e hoxe tamén rematamos con música e no fondo da letra outra muller que brillou con luz dourada na nosa literatura e que nos deixou en abril. Homenaxe do noso compañeiro César Morán a Luz Pozo Garza, unha das académicas que defenderon a candidatura de Carvalho Calero para dedicarlle o Día das Letras este ano.
Quando todo se passe
encheremos de novo
as amplas avenidas
e o boulevard dos sonhos.
Faremos da preguiça
a mais leda aventura,
do sossego e a calma
olhadas de futuro.
Quando todo isto passe
abrolharão as fontes
e beberão os ventos
nas águas torrenciais.
Bem sei que esse retorno
não vai ser tão assim tão de repente.
E sei que o teu abraço
vai ficar por um tempo sequestrado.
Mas em tanto não chega
sonharei que me atrevo a resgatar
a palavra proibida,
que cruzarei a linha
de um horizonte ingrávido,
que a rafega de vento
nos levará da mão até as estrelas.
Quando os dias passarem
e os aromas se instaurem
na distância de ar que nos limita,
eu sei que ficaremos espidos ante o nada,
na procura de um sopro, na esperança do insólito,
na busca do tesouro que se encontra
nessa lua dourada.
(30-03-2020)