“Creio que, efectivamente, o mais íntimo da miña personalidade está reflexado na poesia“
Conversas en Compostela con Carballo Calero . M.A. Fernán Vello/ F. Pillado Mayor.
E desde ben neno Ricardo Carvalho Calero xa escribía poemas, mais tamén pequenas pezas dramáticas, zarzuelas e óperas.
Non amo moito a poesía . Amo-a
como o retrato dunha muller querida
cando non tenho a muller pe de min .
Se tivese a muller
esqueceria o retrato.
Poesía retrato
¿de qué ? ¿Felicidade,
Deus, vida, ben, sosego ?
Mais o pobre que sonha coa riqueza
¿cómo non amará un pouco
os contos de tesouros ?
Do volume Pretérito imperfeito
no libro Aneis de agua, 1961
O tamén profesor ferrolán e escritor Henrique Dacosta, en Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, cóntanos que “o Carvalho poeta era capaz de ser implacábel consigo mesmo como creador artístico. E mentres que no seu papel de crítico literario sempre chegou a atixir un enorme grao de benevolencia cos autores obxecto do seu estudo, contrariamente a isto, a exixencia que se autoimpuña co que lle era propio resultaba dunha enorme severidade.”
A maior parte desta poesia
é hipocrisia.
Nom quer nada dizer e nada di.
Se algo quiger dizer, algo diria.
Quer somente fingir que nom fingia
oferecendo enganos para ti,
que finges crer que é verdade
a mensagem que te envia,
e finges que tés saudade
da saudade que exprimia
alguém que nom a sentia,
mas que se enganava assi,
cúmplice da tua porfia
de enganar a ti e a si.
A ti fingindo entender.
A si fingindo saber
o que queria dizer,
ainda que nom o sabes;
pretendendo ter as chaves
para abrir
o que nunca se fechou,
porque nunca tivo portas,
e aquelas palavras mortas
ajuntavam-se ao achou,
nom por santa inspiraçom,
nem por subconsciente graça:
por rotineira trapaça
e vazia pretensom.
Assi, é feita desta arte,
com notória hipocrisia,
a maior parte
desta poesia.
(Reticências, 1990)