PRIMEIRO REXISTRO DA BITÁCORA LEMBRANDO A QUINO

Comezamos o curso coa nova do falecemento de Joaquín Salvador Lavado Tejón, Quino. Desde 1964 abriunos o mundo dunha rapaza que axiña se fixo querer. Mafalda queda sen a man e a voz que a converteron nese ser humano exemplar e retranqueiro co que medramos varias xeracións.

Neste curso en que a Biblioteca tivo que ser finalmente convertida nunha aula queremos unirnos ao berro de Felipe nestas tiras:

E como cremos no papel esencial das bibliotecas nos centros de ensino, aí nos tedes no noso mostrador, á entrada do instituto, á vosa disposición para os préstamos nos recreos.

Sabede que xa estamos a traballar coa biblioteca do Ágora para realizarmos actividades conxuntas, e que en breve botaremos a andar os clubs de lectura.

Este ano tedes que estar moi pendentes das nosas redes sociais. Nelas irémosvos informando das actividades.

Non esquezades en gardar a distancia recomendada tamén á hora de pedirnos os libros.

Máis ca nunca coidádevos para coidar de todas as persoas que vos rodean. Seguide o exemplo solidario da Mafalda.

Ninguén de nós querería volver vivir o do curso pasado, non si?

Malia que algunha mañá nos coste traballo erguernos para vir ao instituto

Grazas, Quino, por aprendernos con humor os valores esenciais da vida.

Tedes as tiras de Mafalda á vosa disposición na biblioteca. Gozade coa súa lectura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s