XELA ARIAS 2021

Desde a Biblioteca IES Agra do Orzán en colaboración co EDLG, a nosa homenaxe desequilibrándonos, desordenándonos, reinterpretando a súa poesía e o seu sentir neste vídeo que recolle os traballos do noso alumnado.

Xela Arias poeta, profesora, revisora, editora, correctora e tradutora autodidacta ingresa no cadro de persoal da recén creada Xerais (1981) con 18 anos.

Implicada no proceso normalizador non só desde o traballo editorial senón desde unha actitude aprendida co pai e da que se estaban a sentar as bases: a tradución, achegándose á figura que hoxe coñecemos de tradutora profesional. Era consciente da influencia que as traducións universais podía ter no proceso de normalización lingüística e no de creación literaria.

Falamos dos anos 80-90 período falto de obras propias e alleas para a rapazada, período falto de ferramentas (dicionarios, estudos gramaticais, non había a Internet) para a escrita.

Como poeta, racha as inercias que había no momento. Poesía xa na perspectiva de xénero. Moderna, transgresora, de ambiente urbano, underground, menos elaborado, un discurso moi fragmentario. Presenza de animais na súa poesía e tamén da violencia como actitude contestataria. Poesía como ferramenta de coñecemento e de intervención de denuncia, de visibilizar o que non estaba ben feito para ela. Por iso ás veces esa actitude nada edulcorada, violenta, rota.

Actitude experimental. Aos 11 anos xa gaña un premio convocado polo Facho da Coruña e xa ten un xogo fónico “leopardicia” (A fraga dos paxaros voadores e a fraga leopardicia). Tamén o temos en Darío a diario, Intempériome, recategoriza as palabras e dótaas dun significado claro e buscado por ela. Encabalgamentos moi abruptos.

Innovador tamén é o seu carácter experimental á hora de desenvolver proxectos interxenéricos, interdisciplinares. Letras de cancións para o grupo de música rock de Vigo Desertores. Ela era unha melómana de actitude un tanto contestataria e reivindicativa sempre.

Xela dialogaba coas artes. Poesía e fotografía de corpos espidos conforman o cadavre exquisito co seu futuro home o fotógrafo Vicente Xil en Tigres coma cabalos. A sociedade lectora galega non estaba madura aínda. Os corpos nus en diálogo cos poemas mediatizaron a súa interpretación.

Xela trae xa propostas máis da xeración seguinte.

Ela mesma se consideraba “orfa de xeración”. Ela dáse a coñecer no 86. Biograficamente naceu na mesma banda dos 80. Pero ela non segue eses ecos bárdicos, culturalistas… Era unha peza discordante. Esta xente, curiosamente acaban influíndo máis na xeración dos 90 que os nomes canónicos dos 80. Xela pioneira adiantando trazos: a perspectiva de xénero, os proxectos interxenéricos facendo dialogar a poesía con outros códigos e esa actitude máis rota, máis violenta e fraccionaria.

Por outro lado temos unha muller que deixa os estudos e pasa a traballar nunha editorial. Tiña o acceso a todo, e non só non se aproveitou diso puidendo publicar cando quixese. Non manifestou ningunha ambición polo poder, polo canon, non lle interesaba. Contraria á consagración. Que pensaría de ser nomeada para as Letras… Situouse á marxe por vontade propia.

Fixádevos no seu valor como tradutora. Grazas á investigadora Ana Luna que compartiu esta presentación nas Xornadas de Xela Arias.  

Procura a Xela Arias Castaño como autora e tradutora na Biblioteca de Tradución Galega (BITRAGA)

Con 26 anos ingresa en 1991 na universidade logo de rematar COU a distancia: “hai dez anos elixín as rúas antes que as aulas e o que hoxe son é un produto diso”. En 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica

Darío a diario, visión cargada de honestidade e dismitificación da maternidade.

Innovación tamén é o seu carácter experimental á hora de desenvolver proxectos interxenéricos, interdisciplinares. Letras de cancións para Desertores. Ela era unha melómana cunha actitude un tanto contestataria e reivindicativa sempre.

O ambiente de Vigo fascináballe.

Retomou o seu desexo de volver a estudar. Substituta e interina de Lingua e Literatura Castelá. Viviu a profesión con entrega e entusiasmo. Pero no novo milenio ten novos compromisos que as mobilizacións sociais pedías. Afundimento do Prestige, participou con intensidade en 2002, 2003; a guerra de Irak…

Ruptura co home e Hepatite C.

Procurou sempre non guiarse por modelos alleos. Xela, que tivo moitas militancias, nunca se amparou a un modelo en concreto, camiñou á intemperie, non hai dúbida.

“Tiña talante de sinceridade-protesta” (Yolanda Castaño)

Non te amola. Narracións curtas onde se retroatae aos 9-10 anos, máis escrito de adulta.

INTEMPÉRIOME o eu poético identifícase explicitamente cos suxeitos marxinais: íspome, sida, negritude, enfermidade… Son escollas non reais do eu poético empático coa súa contorna.

Poesía para ser cantada, textos para jazz. Achegamento outra vez á música

Sempre buscou a calidade lingüística e literaria, predominando a vontade de enriquecemento léxico e a consciente reivindicación do propio, do noso léxico patrimonial. A súa intención era recuperar o vocabulario esquecido pola presión do castelán.

“Un tradutor é un actor da palabra. Emprega a palabra para interpretar a obra dun autor e levala ao público lector doutro idioma e doutra cultura (…) O tradutor é algo traidor, pero non máis traidor que o intérprete dunha composición musical ou o actor dunha obra de teatro” (Faro de Vigo 09/03/1994)

Procura a nosa autora no Álbum das mulleres do Consello da Cultura Galega (CCG)

Biografía, obra e descarga gratuíta de Non te amola na páxina do CCG

Nos últimos anos estaba a colaborar con Fernando Abreu. El pediulle que recitase algúns poemas para traballar con esa gravación e musicar. Ela gravou todo Intempériome excepto o primeiro poema, moi longo. A súa morte impediu que o proxecto se levase a termo.

Morre repentinamente. Problema cardíaco . 2003 o 1 de novembro. En maio de 2004 xa as primeiras homenaxes

A súa vida e obra están marcadas pola independencia e polo compromiso coa nosa cultura.

Vídeos da súa biografía e obra na CRTVG

No portal da lingua galega atoparedes as actividades dinamizadoras desenvolvidas polos centros educativos. Entre elas os carteis e guías didácticas sobre a autora. Para secundaria temos “ABECEDARIOME” interdisciplinaria como a Xela lle gustaría, xa que se pode abordar desde diferentes departamentos: plástica, historia, música, lingua…

Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia temos máis exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2021.

E para o traballo na aula da súa poesía presentámosvos Deconstruír o equilibrio, reconstruír a perspectiva: propostas para abordar a poesía de Xela Arias nas aulas de Emma Pedreira e Laura Romero (baixista de Zenzar) a encargada das ilustracións. Optan pola colaxe como faría Xela tan do gusto dos fancines. Reinterpretan as portadas de Xela. Ruptura silábica e dos pronomes. Páxinas en branco para que o lectorado recorte e pegue a súa propia colaxe.

No web de Baía hai recursos que nos dan estas autoras. Materiais anexos. Guía de lectura. Audio da propia Xela. Afinidade entre o rock e a súa poesía. A poesía como algo vivo entre as bocas e os libros. Cortes e reactivacións do discurso poético.

Neste 17 de maio, día tamén da Internet e Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, sen dúbida a nosa Xela estaría apoiando esta causa desde a Rede

Nestes tempos de loita, máis ca nunca, as súas palabras cobran sentido:

“vencerse é cousa de se tratar”

MÚSICA PARA XELA (CÉSAR MORÁN)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s