Club de lectura BABEL

O pasado luns tivemos unha sesión do Club de Lectura BABEL, para traballar o libro El secreto del fuego del escritor sueco Henning Mankell . Falamos de Mozambique, das minas antipersonas, da situación da rapazada que non ten acceso á escola e a situación da muller en África. 

Deixámosvos  o comentario dunha alumna sobre o libro:

El escritor quixo resaltar la vida da muller africana e as dificultades que vive no seu país. É unha historia triste pero que deixa unha pequena luz de esperanza, Sofía encenderá o seu propio fogo. É un libro de dor, de fame,de tristura e de soidade. 

Albania Jiménez

Este é o booktrailer do libro 

Advertisements

Roteiros deporte e saúde

roteiro

Esta semana leváronse  a cabo, cos tres grupos de  3ºESO, os Roteiros de Saúde e Deporte en colaboración coa  Biblioteca Ágora e o Departamento de EF. Unha  actividade que permite afianzar unha relación positiva cos espazos cotiás de vida, especialmente os relacionados co deporte e cunha vida saudable.

Na actividade acompañounos  Christian e José Ramón, ambos alumnos de TAFAD (Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas), que colaboraron con nós e compartiron co alumnado a súa experiencia nesta formación.

A Biblioteca Ágora comparte conosco a ligazón ás fotos da actividade.

 

Entrega de premios ALFIN 1º e 2º ESO

39965043631_82842ab8a1_z

O pasado luns estiveron no noso centro Eva e Nuria, bibliotecarias do Ágora , para facer entrega dos premios aos mellores traballos de 1º e 2º ESO  de ALFIN.  

Obsequiaron aos grupos gañadores de 1º ESO cun lote de libros , e a todo o alumnado de 2º ESO cun catálogo impreso cas súas fotos na Biblioteca Ágora.

Ligazón ás fotos da entrega de premios no Salón de Actos do instituto. 

Ligazóns a Flickr coas fotos individuais dos catálogos de 2º ESO, a ligazón para ver os catálogos on-line de cada grupo  en Calameo.

Catálogos  de 2ºESO 

Catálogo 2ºA 

Catálogo 2º B 

Catálogo 2º C 

Grazas á Biblioteca Municipal Ágora e a Nuria e a Eva pola vosa entrega e dedicación ao noso alumnado para que saiban facer búsquedas de información, atopen fondos nas bibliotecas e para que  gocen coa lectura en diferentes soportes.

Parabéns aos grupos gañadores!