Rematamos este mes entrando nos fogares do noso profesorado. Queremos compartir convosco os títulos dos libros que dalgún xeito marcaron as nosas vidas na nosa xuventude.
Poñede a vosa música de fondo preferida e “cotilleade” as nosas lecturas.

Sen dúbida, este Día do Libro de 2021 será recordado polo alumnado de 1º da ESO-B. Logo de gozarmos coa exposición gráfica das súas versións do libro de banda deseñada A fraga Milmañas de Manel Cráneo e Carlos Amil, o propio Manel Cráneo visitounos para compartir con ese grupo parte da súa xornada escolar onde recibiron unhas nocións básicas de debuxo de banda deseñada.
O tempo pasou voando como as elipses argumentais que tan ben soubo plasmar o alumnado nos seus exercicios como ilustradoras e ilustradores.
Agradecémoslle á Subdireción Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas a celebración deste tipo de encontros. Nunca a presenza de autoras e autores entre o noso lectorado foi tan significativa como agora.
Outro ano máis, e a pesar da pandemia que estamos a vivir, o alumnado de 4º ESO puido compartir vivencias e testemuños con Emma Pedreira (poeta), Xulia Pisón (ilustradora), Anabel Colazo ( debuxante e ilustradora) e Alberto Cernadas (músico e produtor), grazas ao proxecto Libros Viventes impulsado, unha vez máis, pola Biblioteca Ágora. Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para o noso alumnado.
Grazas especialmente ás bibliotecarias Nuria e Eva por coidar e ensinarlle ao noso alumnado a facer comunidade entre libros!!!.
Deixámosvos a ligazón ás fotos no Flickr das Bibliotecas Municipais.
Tamén compartimos a ligazón ao blog da Biblioteca Municipal Ágora, para que miredes a entrada no blog sobre a actividade.
Despois de dúas reunións no Club de Lectura de 1º e 2º ESO falando de Sherezade e descubrindo o amor polos libros que nos transmite a lectura de Miña querida Sherezade e Conta nove estrelas, tivemos a sorte de poder compartir, por videoconferencia moitos sentimentos e curiosidades coa autora das nosas lecturas, Andrea Maceiras.
Convidounos a escoitar o son das estrelas e contounos que podemos atopar poesía na ciencia . Fermosas e interesantes as súas palabras.
O pasado 8 de abril tivemos o pracer de ser convidadas xunto con Casildo Macías, responsable das Bibliotecas escolares da Junta de Extremadura, para charlar sobre Bibliotecas escolares cun grupo de bibliotecarios moi divertidos e creativos , que teñen unha canle en youtube chamado BiblioTeConecta. O grupo intégrano dúas Bibliotecas autonómicas da Rioxa e de Ourense e dúas municipais de Cádiz e Montijo. Falamos das Bibliotecas escolares en Galicia, e da Biblioteca do noso centro. Foi unha experiencia moi enriquecedora !!!.
Podes vela neste vídeo
Un ano máis e malia o temporal que estamos a atravesar, os versos de Rosalía voaron polo instituto para conmemorarmos o cabodano do seu nacemento.
Nesta ligazón puidemos ler nas aulas o manifesto escrito por Anna Figueiredo para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo deste día.
Tamén escoitamos versións musicadas dos seus poemas. No vídeo escoitastes a de EVOEH para “Negra sombra”.
Mais, rosalianas como somos, tiramos para á casa, e velaquí tedes a composición que o noso querido excompañeiro de aulas, o músico e autor literario CÉSAR MÓRÁN, creou sobre uns versos do poema “En Cornes“.
“Cantar, cantar, cantei…” e cantaremos…;
Esta semana tivemos a reunión do Club de Lectura LGBTIQ+ para propoñer ideas, lecturas , iniciativas… Para a próxima reunión imos ler 22 segundos de Eva Mejuto.
O pasado venres tivemos a reunión do Club de Lectura de 1º ESO. Coñecimos un pouquiño máis a Anémona de Río, o seu traballo na Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético . Analizamos as personaxes do manga galego TAM , e profundizamos nas caraterísticas do manga.
Que gozada de alumnado !!!