DÍA DE ROSALÍA. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

A Biblioteca e mais o Equipo de Dinamización da Lingua (EDLG) quixemos celebrar da man estes dous días tan sinalados. Coa Rosalía como luceiro guía, quixemos simbolizar todas esas autoras “invisibles” que temos nos andeis. Foi un acto sinxelo mais necesario.

En primeiro lugar leuse o MANIFESTO DA ASOCIACIÓN ESCRITORES ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA (AELG). “ERRANTES POLO MUNDO ANDAMOS”, logo un vídeo para coñecermos algo máis a vida de Rosalía, logo CINCO COUSAS QUE QUIZAIS NON SABIADES DE ROSALÍA  e fixádevos se a nosa autora é importante que ATA XA HAI UNHA ESTRELA CO SEU NOME. Como sabemos que hoxe en día o nome de Rosalía vos trae á mente outra muller, amosámovos o traballo que sobre o poema rosaliano “Castellanos de Castilla” e a canción “Malamente” fixo o alumnado do CPI As Mirandasde Ares.

Rosalía sempre reivindicou a igualdade entre os xéneros. Pois ben, igualdade, esa é a temática central da celebración do 8M deste ano.

Escoitastes atentamente  AS PALABRAS DA DIRECTORA DE ONU MULLERES (Phumzile Mlambo-Ngcuka) e reflexionastes cos  DATOS QUE NOS AMOSAN A DESIGUALDADE existente aínda hoxe en día. Por último, o alumnado de Francés amosounos a súa visión ante o caso Polansky que suscitou grande polémica en Francia. 

Desde aquí, agradecerlles ás presentadoras e presentadores do acto a súa xenerosidade;  a todas e todos vós, o respecto que amosastes durante este sinxelo, pero necesario, acto para toda a comunidade educativa.

 

DÍA DA MULLER 2019 . Creacións do noso alumnado

A alumna Angie Rodríguez de 2º PMAR cantou un rap escrito por ela. RAP DE ANYI.

sdr  Mika Crespo de 2º BAC -B quixo achegar a súa reflexión sobre o 8 M . Texto de Mika

cof

As alumnas de 1º e 2º de BAC: Tania, Araceli, María Dopico, Sonia e Yarizá,  na materia  de francés prepararon uns textos de Simone de Beauvoir, Virginie Despentes e Shulamith Firestone. 8 mars Agra

cof

O alumnado de 2º ESO B-A fixo un mural sobre mulleres afoutas.

cof 

#8M

Reunímonos as mulleres da nosa comunidade escolar (profesoras, alumnas e persoal non docente) na entrada do instituto  para realizar a nosa agarimosa  homenaxe ás mulleres.

Velaquí o vídeo do acto e da exposición.

 

Non podemos deixar de compartir convosco a fermosísima canción de Guadi Galego, Matriarcas.

Na homenaxe no noso instituto limos unhas estrofas do tema. 

 

  Tamén compartimos uns fragmentos do Manifesto feminista de Rosalía de Castro recollido en Lieders , lido na homenaxe ás mulleres do mundo.

 

IMG_1264