ROSALÍA DE CASTRO, “teus doces cantares”

Un ano máis e malia o temporal que estamos a atravesar, os versos de Rosalía voaron polo instituto para conmemorarmos o cabodano do seu nacemento.

Nesta ligazón puidemos ler nas aulas o manifesto escrito por Anna Figueiredo para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo deste día.

Tamén escoitamos versións musicadas dos seus poemas. No vídeo escoitastes a de EVOEH para “Negra sombra”.

Mais, rosalianas como somos, tiramos para á casa, e velaquí tedes a composición que o noso querido excompañeiro de aulas, o músico e autor literario CÉSAR MÓRÁN, creou sobre uns versos do poema “En Cornes“.

“Cantar, cantar, cantei…” e cantaremos…;

Música e poesía con Luisa Villalta

 “Cidade tatuada na pétrea pel do mar”. Tomando como base as palabras de Luisa Villalta en En concreto, o noso compañeiro e profesor de latín , Xurxo Souto,  fixo un percorrido ó longo da historia onde se  ve a comuñón entre a música  e a poesía . 

O pase de diapositivas require JavaScript.

En concreto , editado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a AELG , realizado por Mercedes Queixas en 2017, textos de Luisa Villalta , propiedade de Pilar García Negro, Francisco e Ana Pillado.

Rosalía nos nosos acentos

Co gallo do Día de Rosalía (24 de febreiro) alumnado e profesorado do noso centro  e de distintas nacionalidades  recitaron poemas de Rosalía de Castro con diferente acentos.

Este venres lerase o Manifesto da AELG   (Ana Romaní)   e proxectarase o vídeo do recitado na Biblioteca. 

Mes das Letras Galegas I

Actividades feitas ata o de agora no Mes das Letras Galegas 2018 en colaboración coa Biblioteca Ágora :

*Correlingua, elaboración da pancarta

IMG_2119* Actividade: Galegotunea unha prenda de roupa

IMG_2202

*Obradoiro de movemento no teatro Rosalía con Javier Martín

*Encontro co servizo  de Normalización Lingüística da Deputación de  A Coruña

  *Mesa redonda: Asociación Alexandre Bóveda, A Mesa pola Normalización e a  AELG

*Roteiro Irmandades da Fala

 *Libros Vivintes na Biblioteca Ágora

746bb1bf-f780-4bfb-87c3-fe02864d1dca

Visita á Real Academia Galega

IMG_2259

“Eloxio da Diversidade”. Intercambio Venecia

O noso alumnado de 1º BAC ten a sorte de participar, un ano máis, do  intercambio  co alumnado do Liceo  Benedetti Tommaseo de Venecia. O estudantes italianos  traballarán estes días de estancia na nosa cidade no proxecto  “Eloxio da Diversidade”.

Hoxe a Biblioteca Ágora organizou unha visita á Deputación de  A Coruña onde foron recibidos pola Vicepresidenta  e falaron das medidas que implementan en prol da lingua galega. Logo desta visita foron recibidos no Concello polo alcalde  e os técnicos de Normalización Lingüística. Para continuar á mañá cun Roterio Literario organizado pola Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega da man de Xosé Luis Axeitos. Rematamos o roteiro cantando o Himno Galego.

IMG_1712IMG_1711 (1)IMG_1710IMG_1697IMG_1699IMG_1701IMG_1702IMG_1703IMG_1708

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe comezamos a celebrar o día de Rosalía de Castro. O alumnado de 3º ESO na materia de Lingua Galega gravou uns vídeos recitando poemas da autora.

As caretas e os cartaces están  feitos pola rapazada de 1º ESO na materia de Educación Plástica. Colocáronse nas fiestras como mostra da nosa homenaxe  á poeta. Continuaremos recitando a Rosalía en diferentes linguas a semana próxima. Logo de todo faremos un vídeo recompilatorio do recitado. Enviarémolo a @aelg sumándonos a súa iniciativa #AbrideAFiestra 

Aquí deixamos unha escolma de vídeos do noso alumnado de 3º ESO.