DÍA INTERNACIONAL DA ESTATÍSTICA

En febreiro de 2010, a Comisión de Estatística das Nacións Unidashttps://www.un.org/es/observances/statistics-day propuxo celebrar o 20 de outubro o como Día Mundial da Estatística. Daquela levamos 10 anos de celebración, pensaredes… Mais non é así. Só se conmemora cada cinco anos. Curioso, non si?

Neste día cinco nomes veñen á nosa mente: a profesora Mª Ángel e o seu alumnado: Sabela, Pablo, Nacho e Andrea (malia que esta última xa non está no instituto). O traballo deste equipo foi moi valorado pola SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións)