Club de lectura BABEL

Onte tivemos a última reunión, deste curso, no Club de Lectura BABEL. Emocionámonos con Guille , o neno protagonista do libro Un hijo  de Alejandro Palomas.

Falamos de tristura, angustia, esperanza, amizade, relixión, diversidade sexual… 

cof

Despedímonos ata o curso que vén, non sen antes recibir uns agasallos  e degustar petiscos gorentosos! 

Emocionante encontro cos clubs de lectura da cidade

O pasado xoves os membros do Club de Lectura BABEL  tivemos a sorte de poder participar no I Encontro dos Clubs  de Lectura da Área metropolitana da cidade organizado polas Bibliotecas Municipais de  A Coruña no Centro Ágora.

I Encontro dos clubs de lectura da AMAC

Acompañounos Alejandro Palomas. Tamén contamos coa presenza do alcalde e o concelleiro de Cultura. Comenzamos o encontro coas fermosas palabras de Dores Tembrás, para pasar logo a abrir o corazón con Alejandro Palomas. Rematamos a agarimosa tarde coa actuación do grupo Black .

Grazas a todas as compañeiras das bibliotecas municipais da cidade  que fixeron posible a tarde tan gozosa e inesquezible.

Partillamos o vídeo realizado polas Bibliotecas Municipais da cidade.

GRAZAS!!!