Arquivo por etiquetas: Alfabetización Informacional
Creando o noso catálogo
O alumnado de 2º ESO , neste pasado mes de novembro, tivo un taller impartido por Eva e Nuria, da Biblioteca do Ágora sobre Alfabetización Informacional , dando así continuidade ao impartido o curso pasado.
Prezi sobre Alfabetización Informacional
Despois de ter recollido información na Biblioteca do Ágora, o alumnado ten que facer un catálogo cos materiais seleccionados . O catálogo ten que ver coa moda, cos tecidos, co consumo responsable e a publicidade .
Aquí temos a ligazón ás fotos da búsqueda de información .
Alfabetización Informacional na Biblioteca do Ágora
Entrega de Premios AI no noso centro
Hoxe luns 25 de xaneiro no salón de actos do noso instituto, Eva e Nuria , da Biblioteca do Ágora, fixeron entrega dos premios aos alumnos de 1º da ESO polos traballos de Alfabetización Informacional. Aproveitaron para conmemorar o nacemento de Castelao, caracterizáronse para a ocasión e leron un fragmento do libro ” Os dous de sempre”.
Estes son os membros dos equipos gañadores segundo a temática:
ESPAZOS ( 1º ESO- B) : Marina, Alba Álvarez, Alba Bermúdez, Rubén, Lizbeth, Jairo, Natalia.
SERVIZOS (1º ESO- D) : Alex, Bea, Asley, Aarón.
RECOMENDACIÓNS (1º ESO-B): Carlota, Romina, María, Nicol, Juan , Castro, Sara A.
ACTIVIDADES ( 1º eso-D): Diego García, Diego Blanco, Adrián, Yandira, Uriel, Marco, Ana.
ACTIVIDADES ( 1º ESO- B): Sara, María, Lucas, Nerea, Paula, Carla, David.
Deixamos unha selección de fotos da entrega de premios compartindo a ligazón a Biblioteca do Ágora en Flicrk.
Traballos destacados de 1º ESO de Alfabetización Informacional
No mes de Novembro dende a Biblioteca Ágora púxose en marcha un programa de Alfabetización Informacional (AI) cos alumnos de 1º e 2º de ESO. Desenroláronse unhas sesións previas no centro e logo as visitas á biblioteca do Ágora. Nestas sesións conformáronse diferentes equipos de traballo atendendo a contidos e inquietudes diferentes.
Xa saíron publicados no blog Suma Ágora os traballos dos equipos gañadores de 1º ESO, traballos que pola súa forma de presentación, pola súa orixinalidade, pola súa creatividade e/ou polos seus contidos, quixeron reseñalos no blog.
COMPARTIMOS Á LIGAZÓN AO BLOG SUMA ÁGORA
Sumando forzas coa Biblioteca do Ágora
O pasado mes de Outubro a Biblioteca do Ágora puxo en marcha para os alumnos do noso centro un proxecto de Alfabetización Informacional. Fixéramos referencia a este programa nun post anterior.
Agora queremos deixarvos a ligazón a un interesante e emotivo artigo que escribiron acerca do proxecto dende a Biblioteca do Ágora.
Ensinando habilidades de información no Ágora
Hoxe, xoves 5 de novembro, Eva e Nuria, membros da Biblioteca do Ágora, levaron a cabo cos catro grupos de 1º ESO, a primeira, das dúas sesións, da actividade de Alfabetización informacional que van desenvolver. Coa actividade preténdese que os alumnos coñezan a Biblioteca do Ágora, o seu espazo e os servizos que ofrece, e ademáis, saiban facer procuras de recursos e información tanto na Biblioteca coma de maneira virtual.
Despóis da primeira sesión informativa, os alumnos de cada aula formaron catro grupos. Na segunda sesión da formación, que terá lugar na Biblioteca do Ágora, cada grupo realizará un traballo que versará sobre unha das temáticas seguintes:
< Os espazos da biblioteca Ágora.
< As recomendacións de libros, música, películas, etc.
< Actividades, suxestións.
< Servizos que presta a biblioteca do Ágora.
Logo de facer os traballos, escollerase un de cada aula e colgarase no blog da biblioteca do instituto .
Deixámosvos varias ligazóns á presentación e ás galerías de fotos sobre a actividade deste xoves.
Fotos en flickr da sesión de hoxe no instituto
Presentación utilizada na sesión de hoxe de Alfabetización Informacional
https://prezi.com/diq5nt4j1yid/alfabetizacion-informacional-agra-i/