Alumnado de 1º ESO e 3º PMAR na procura de información sobre Antón Fraguas no Mes das Letras Galegas. Desde a Biblioteca entregóuselles aos titores un cuestionario sobre a exposición de cartaces.
Esta tarde o profesorado visitou a Biblioteca Ágora da man das bibliotecarias Eva e Nuria , para coñecer o seu funcionamento e servizos que ofrece. Sempre é unha ledicia traballar con elas, aprendemos moito. Grazas!!!
O pasado luns estiveron no noso centro Eva e Nuria, bibliotecarias do Ágora , para facer entrega dos premios aos mellores traballos de 1º e 2º ESO de ALFIN.
Obsequiaron aos grupos gañadores de 1º ESO cun lote de libros e a todo o alumnado de 2º ESO cun catálogo impreso coas súas fotos na Biblioteca Ágora.
Grazas á Biblioteca Municipal Ágora e a Nuria e a Eva pola vosa entrega e dedicación ao noso alumnado para que saiban facer búsquedas de información, atopen fondos nas bibliotecas e para que gocen coa lectura en diferentes soportes.