CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º ESO E ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

Despois de dúas reunións no Club de Lectura de 1º e 2º ESO falando de Sherezade e descubrindo o amor polos libros que nos transmite a lectura de Miña querida Sherezade e Conta nove estrelas, tivemos a sorte de poder compartir, por videoconferencia moitos sentimentos e curiosidades coa autora das nosas lecturas, Andrea Maceiras.

Convidounos a escoitar o son das estrelas e contounos que podemos atopar poesía na ciencia . Fermosas e interesantes as súas palabras.

CELEBRANDO O DÍA DO AMOR

Este venres 14 de febreiro, sen dúbida, as feromonas do amor da biblioteca chegaron aos vosos sentidos.

Fixádevos:

DEFINICIÓN DO DICIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA DA LINGUA.

amor

Del lat. amor, -ōris.

1. m. Sentimiento intenso del ser humano que, partiendo  de su propia insuficiencia, necesita y busca el encuentro y unión con otro ser. E así é como vos fostes encontrar na poesía. Unístesvos coas autoras e autores da lírica galega e completastes as súas estrofas para compartilas connosco. A fusión do chocolate e os versos nas “chocosías” preparadas polos integrantes do club de poesía.

O pase de diapositivas require JavaScript.

2. m. Sentimiento hacia otra persona que naturalmente nos atrae y que, procurando reciprocidad en el deseo de unión, nos completa, alegra y da energía  para convivir, comunicarnos y crear. De seguro que algo así senten autoras como Andrea Maceiras no seu proceso de creación. O Club de lectura de 1º e 2º da ESO tivo o venres a última sesión de Conta nove estrelas e mandáronlle unha mensaxe á súa autora, Andrea. Fixádevos que lles contestou ela:

 

 

3. m. Sentimiento de afecto, inclinación y entrega a  alguien o algo. E aquí vedes a Pablo, o noso experto en origami, cedendo o seu tempo xenerosamente nos dous recreos e aprendéndovos a crear os vosos propios marcadores de páxinas para agasallar a quen vós prefirades; compartindo incluso o espazo co club de lectura. Que meirande mostra de amor hai que a de darse aos demais?

 

Graciñas a todas e a todos pola vosa participación, pola vosa complicidade, pola vosa entrega.

 

Encontro con Andrea Maceiras

Este pasado martes tivemos, no noso centro, un encontro coa escritora Andrea Maceiras. 

oznor

O alumnado de 3º ESO e os membros do Club  de lectura BABEL  leron  O que sei do silencio. Andrea compartiu connosco as súas historias de sereas e afondamos no tema do acoso; no que sente unha persoa acosada e a acosadora; que tipos de acoso existen e  na importancia de pedir axuda ante estes casos a un adulto.

Quedamos coa dedicatoria  dos libros que asinou:”non quedes en silencio”. Que non nos invada o monstro do medo e non calemos as situacións de acoso que vemos ao noso redor.

Tamén compartimos  ideas do libro lido polo alumnado de 1º BAC, Europa express. Preguntámoslle polo final do libro e en que se inspiró para retratar os personaxes. 

Falamos de que a animou a escribir, das fermosas portadas dos seus  libros e do próximo que está a escribir. 

mef

Grazas pola túa xenerosidade Andrea e as fermosas historias que contas e que non nos deixan indiferentes.     

Club de lectura BABEL

Este pasado luns tivemos a reunión do Club  de Lectura BABEL para comaprtir impresións e sentementos sobre a lectura do libro O que sei do silencio de Andrea Maceiras.

cof

Falamos do acoso, da soidade, da manipulación, da covardía, de moitos sentementos. E os que estabamos na reunión dixemos que todos nalgún momento da nosa vida fomos acosadores pasivos como Delia, a protagonista. 

 A lectura do libro non deixounos indiferentes!!!. 

O próximo 15 de febreiro teremos no noso instituto a Andrea Maceiras, entón poderemos facerlle moitas preguntas sobre este libro e sobre outro lido en 1º de BAC , Europa Express.  Agardámola con impaciencia.

Ao final da reunión anunciamos a próxima lectura , será Iridium  de Francisco Castro  da Ed. Galaxia.  

Máis premios literarios para mulleres galegas

marilar-aleixandre-AELG

Marilar Aleixandre escritora e membro da Real Academia Galegagaña o Premio Raíña Lupa ca súa obra A filla do minotauro. Convértese na primeira muller en ser recoñecida neste certame de literatura infantil e xuvenil. A obra, destaca o xurado, é “unha relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural”.

O outro texto finalista, arredor do acoso escolar, é Como bágoas de dragón de Andrea Maceiras, cuxa publicación recomenda o xurado.

Miña querida Sherezade no club de lectura

Este pasado luns tivemos a última sesión do Club de Lectura BABEL .

Fixemos unha análise do libro  Miña querida Sherezade  da escritora Andrea Maceiras e  ilustrado por Antonio Seijas. Este libro está baseado no conto orienta As  mil e unha noites.

   As mil e unha noites

 

Falamos de moitos temas que aborda o libro: a emigración dos galegos, o amor, a vida na aldea galega, a emancipación da muller, a guerra civil e a postguerra, e sobre todo o amor aos libros e á literatura. Gustounos moito a frase que dí Sherezade na páxina 106 do  libro “…este é o prezo da eternidade, ver que todos se marchan  e ter que seguir adiante”…

Resaltamos o amor polos libros e á súa lectura , pensamos nos libros que marcaron á  nosa vida e eleximos ao personaxe que máis gustounos.

Despois de ler esta historia tan fermosa ,non podemos facer outra cousa que non sexa ler de novo As mil e unha noites.

Ábrete sésamo !!!