ASTÉRIX CHEZ IES AGRA DO ORZAN. DÉLICIEUX!

Como? Que non sabedes quen é Astérix? Preguntade na sala de profes ou na casa. De seguro que hai quen vos fale da famosa parella formada por Astérix e Obélix, os irredutibles galos.

Este mércores, o club de francés “Délicieux!” tivo a oportunidade de achegarse ao mundo de Uderzo e Goscinny da man da nosa auxiliar de conversa francesa, Manon, e do voso profesor François, quen nos contou anécdotas ben curiosas sobre estes personaxes. E como a aventura elixida foi Astérix na bretaña, Manon agasallounos cun doce típico da zona, o far breton aux pruneaux. Aquí vos deixamos a receitaco vídeo de preparación e todo para as almas cociñeiras e mais as fotos desa xornada.