Os días 10, 13 e 14 de febreiro, o alumnado de 3º ESO, acompañados polo profesor de EF, Sergio Padín, participaron no “Roteiro Deporte e Saúde”, organizado pola Biblioteca Ágora.
O roteiro comenzou no salón de Actos do instituto, Nuria e Eva da Biblioteca do Ágora, explicaban á actividade para a continuación pasar a expoñer en que se basea o Ciclo Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas y Deportivas, que se imparte no noso instituto. Esta explicación déronna os estudantes de 2º curso do TAFD: Iván Manteiga, Alberto Ramilo, Fernando Arcay, Sheila Tasende e Pilar Añón. Logo das explicacións comenzaron o percorrido primeiro polo complexo deportivo do Agra, alí Alberto Méndez, técnico deportivo e encargado das actividades de auga do
complexo, faloulles das actividades e cursos que fanse nas instalcións.
Ligazón ás fotos en Flickr da Biblioteca do Ágora
Despois en Azteca Box, Escola de Boxeo, Luís Suárez, entrenador nacional de Boxeo desveloulles a realidade e os mitos en torno a este deporte.

Continuando o Roteiro polo barrio chegaron a Kung Fu Galicia. Juan Saldeño, sifu (mestre) explicoulles que é o wing chun e descubriron o kung Fu.
A actividade rematou na Biblioteca do Ágora. Nuria e Eva explicaron o Centro Ágora como canalizador de actividades deportivas e saudables. A Biblioteca como punto de encontro para diferentes colectivos e intereses. E dentro dela o Centro de Interese Vida Saudable.
AQUÍ TENDES UNHA ESCOLMA DE FOTOS DA ACTIVIDADE, COMPARTIDAS POLA BIBLIOTECA DO ÁGORA
O pase de diapositivas require JavaScript.
Os obxectivos que perseguían as responsables da actividade da Biblioteca do Ágora e o Departamento de EF do instituto cos Roteiros son:
-Tentar que o alumnado coñeza máis e mellor o seu entorno, gañe estima polo mesmo e descubra aqueles elementos deportivos, culturais, etc…presentes na súa contorna máis próxima.
-Afianzar, desde a adolescencia, unha relación consciente e en positivo con
respecto aos seus propios espazos cotiás de vida.
-Coñecer o noso barrio,poñer en valor os seus espazos e as súas xentes, especialmente aquelas vinculadas a diferentes disciplinas deportivas, e traballar valores relacionados co deporte e unha vida máis saudable.
Grazas á Biblioteca do Ágora por compartir connosco o post do Roteiro no blog de Suma Ágora e por suposto agradecer o seu apoio e a súa contínua colaboración co Instituto e coa Biblioteca.