Esta galería contén 16 fotos.
Arquivo por etiquetas: Bioloxía
Bioloxía creativa
Os alumnos de 1º da ESO na materia de Bioloxía, os de 2º ESO en Ciencias Naturais, coa súa profesora Patricia Martínez Leyenda , fixeron unha exposición sobre outras formas de estudar Biloxía: os animais (anatomía),ecoloxía (composteiros) e as transformacións enerxéticas(centrais eléctricas con enerxías renovables). Nalgunha destas actividades participou axudando a algúns alumnos de primeiro a profesora de PROA, Ana Méndez.
Tamén os alumnos de 2º ESO- C lles explicaron as erupcións dos volcáns aos alumnos de 4 anos do CEIP Eusebio da Guarda. Aquí tendes o vídeo
AgraA Salud
Os alumnos de 4º ESO da asignatura de Bioloxía e os de 1º BAC de Bioloxía e Cultura Científica ca súa profesora Mª José Mosquera Santé, saíron no programa A Revista da TVG co obxectivo de traballar a botánica desde a alimentación e a saúde. Fixeron unha selección e exposición de todo tipo de alimentos e as súas propiedades.
Día da Ciencia na rúa
Este pasado sábado 7 de maio, os alumnos de Tecnoloxía, Bioloxía e Cultura Científica dos cursos de 2º ESO-D , 4º ESO e de 1º BAC participaron no Día da Ciencia na rúa, no parque de Santa Margarida. Os alumnos de 2º ESO fixeron o proxecto “Carreira de coches lokos” co chasis feito de tubos de papel e os de 4º ESO e 1º BAC, co proxecto “AgrA-BotánicA” espuxeron unha variedade de productos característicos do Mundo verde dende a Botánica ata a Saúde, a través da Alimentación.
CIENCIA AO DÍA
O Departamento de Ciencias Naturais recomenda unha relación de libros que podedes atopar na Biblioteca. Aquí tendes o listado:
Entre 12 – 15 anos (aprox)
Diario rojo de Flanagan, Andreu Martín
Diario rojo de Carlota, Andreu Martín
Billete de ida y vuelta, Genma Lienas
Chamábase Luís, Marina Mayoral
Por qué a mí, Valeria Piaza
Campos de fresas, Jordi Sierra Fabra
A partir 16 anos (aprox)
La tierra herida, Miguel Delibes
Corazón y Mente, Fuster e Rojas Marcos
El Lenguaje del cuerpo, Alan & Barbara Pease
El médico detective, Berton Roueché, libro no que baséase a serie House
La evolución de Calpurnia Tate, Jackeline Kelly
El curioso Mundo de Calpurnia Tate, Jakeline Kelly
Las huellas de la vida , Tracy Chevalier, historia real
El Vendedor de sueños, Augusto Cury
Darwin en el supermercado, Merk Nelissen
Otra manera de vivir, Jane Goodall
Siempre Alice, Lisa Génova sobre o Alzheimer, caso real
A Flor de Piel, Javier Moro sobre a vacuna da viruela basada en feitos reais
La Historia de PI, Yann Martel, novela de aventuras