Encontro co poeta Carlos Negro

O pasado martes o alumnado de 3º ESO  e os membros do  Club  de Lectura de Poesía, tiveron un  encontro co poeta Carlos Negro. Gozaron da súa poesía moi cercana o noso alumnado. Carlos xoga sempre con temática de actualidade.

Tamén experimentamos que os  poemas  saben deliciosos, como o chocolate negro, citando a Kirmen Uribe ” Un poema é como unha onza de chocolate: escuro, pequeno e o máis bo do mundo”.

oznor

Ademáis da súa poesía, Carlos Negro vén con complementos: laranxas, bonecas, xoguetes  e moitos e bos libros.

Dámoslle as máis sinceras grazas a un poeta que se achega á mocidade cun berro de esperanza que racha clixés.

Por certo, compartimos a dedicatoria que nos fixo   de  catro avatares con catro perfís psicolóxicos, moi chula !!!.


cof