Os Quinquilláns e Cousas de Castelao

O pasado mércores 15 de marzo, o alumnado de 1º ESO asistiú ao Centro Cultural Ágora  á posta en escena da adaptación de Cousas (1926) de Castelao polo grupo Os Quinquilláns. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega.

Esta compañía  de teatro fai unha montaxe orixinal a partir dalgúns relatos  do libro Cousas. A posta en escena e o decorado son moi bós, o atrezzo moi coidado, e por suposto a actuación de Lucho Penabade e Tero Rodríguez que  fan desta peza teatral unha opción moi dinámica e recomendable para acercarse a Cousas e ao mundo de Castelao.

Deixámosvos un video sobre  a peza teatral.

 

Entrega de Premios AI no noso centro

Hoxe luns 25  de xaneiro no salón  de actos do noso instituto,  Eva e Nuria , da Biblioteca do Ágora, fixeron entrega dos premios aos alumnos de 1º da ESO polos traballos  de Alfabetización Informacional. Aproveitaron para conmemorar o nacemento de Castelao,  caracterizáronse  para  a ocasión e leron  un fragmento do libro ” Os dous de sempre”.

Estes son os membros dos equipos gañadores segundo a temática:

ESPAZOS ( 1º ESO- B) : Marina, Alba Álvarez, Alba Bermúdez, Rubén, Lizbeth, Jairo, Natalia.

SERVIZOS (1º ESO- D) : Alex, Bea, Asley, Aarón.

RECOMENDACIÓNS  (1º ESO-B): Carlota, Romina, María, Nicol, Juan , Castro, Sara A.

ACTIVIDADES ( 1º eso-D): Diego García, Diego Blanco, Adrián, Yandira, Uriel, Marco, Ana.

ACTIVIDADES ( 1º ESO- B): Sara, María, Lucas, Nerea, Paula, Carla, David.

Deixamos unha selección de fotos  da entrega de premios compartindo a ligazón  a Biblioteca do Ágora en Flicrk.