Panxoliñas no Centro de Día Novoboandanza

Na última semana, antes das vacacións de Nadal, compartimos momentos moi emotivos cos usuarios do Centro de día Novoboandanza, situado  preto do instituto. Quixemos así desexarles un Bo Nadal. 

Grazas á colaboración de Maru Cardiel, bibliotecaria do Ágora e á voluntaria Marisi, puidemos unha vez máis intercambiar experiencias e compartir historias cos maiores  pero esta vez centradas nas panxoliñas . Grazas ao coro de música dirixido pola profesora Teresa Méndez e ao grupo de alumnas e alumnos voluntarios, vivimos momentos moi alegres . Este vídeo procura  resumir os instantes vividos. 

Compartimos  o vídeo feito pola Biblioteca municipal Ágora colgado no  Instagram das bibliotecas municipais para felicitar polo Nadal. GRAZAS !

 

Voluntariado no Centro de día NovoBoandanza

Onte mércores foi un día moi feliz para o noso alumnado voluntario. Compartiron xogos cos usuarios do Centro de Día do barrio NovoBoandanza.

IMG_2450

Despois de xogar , charlar e bailar convidáronnos a merendar. E antes de rematar chegou unha sorpresa, regaláronnos un libro feito por eles no que recollen os xogos de cando eran nenos .  A rapazada foise moi emocionada e por suposto pediú volver a repetir a experiencia.

Queremos dar as grazas a Maru Cardiel , bibliotecaria do Ágora, que acompañounos na experiencia e ofreceunos de xeito xeneroso todo o seu apoio.