RETOMANDO A NORMALIDADE PASENIÑO PERO SEN PAUSA

Reabre este curso a biblioteca volvendo ao seu espazo natural. Os libros, as mesas, as cadeiras, os andeis, recobran uso de seu. Xa vos temos lendo, facendo traballos, buscando información na sala de lectura. Benvidas e benvidos á vosa biblioteca.

Coma sempre, un primeiro contacto con Eva e Nuria, bibliotecarias do centro Ágora para dinamizar actividades conxuntas. Este curso concentraranse en xaneiro, xa que é o X aniversario da biblioteca Ágora.

E un ano máis, fostes vós quen nos destes a enerxía suficiente como para comezar cos clubs de lectura. Este ano van ser sete: Club de banda deseñada, Club Babel, Club de poesía, Club LGTBIQ+, Club de teatro LGTBIQ+, Club de francés e o recén incorporado Club de lectura científico. No que queda de mes poñeremos todos en funcionameto. Esteade atentas e atentos ás convocatorias nas redes sociais e nos anuncios que poñeremos na porta da Biblioteca.

Agradecémoslle á nosa profesora de plástica, a ilustradora Laura Velasco o deseño que será a carta de presentación para o club LGTBIQ+.

Outubro é día sinalado na literatura galega. O Premio Nacional de Literatura recaeu sobre a obra de Xesús Fraga: Virtudes (e misterios). Xa a tedes á vosa disposición desde hai meses.

Onte, Día das escritoras, quixemos que nos nosos andeis desen a cara para así identificar mellor a súa obra.

Velaí vos vai este comezo de curso en imaxes, e se queredes, tamén podedes acceder a todas as nosas actividades no instagram da biblioteca

COMPARTINDO LECTURAS NA DIVERSIDADE

No IES Agra do Orzán o primeiro club de lectura que se formou foi BABEL. Se nos fixamos no título desta entrada, parece haber unha conexión co nome, non si?

Pero coa torre de Babel, non coa Biblioteca de BABEL, da que Borges nos dá boa conta. A nosa biblioteca é accesible, rectangular e está formada por máis de cinco andeis, con máis de 32 libros cada andel. A nosa biblioteca non existiu ab aeterno, e as bibliotecarias non somos obra do azar ou dos demiúrgos malévolos como no relato borgiano.

Hai catro anos entramos no PLAMBE e para o vindeiro curso BABEL cumpre unha década. No ano 2013-2014 entramos a formar parte do grupo DADO, integrado por institutos da Coruña que comparten inquedanzas lectoras e pouco e pouco fomos medrando.

O nome xenérico do noso club de lectura conecta máis con estoutra foto, tirada do artigo que La Voz de Galicia publicou en 2018 e que podería ser, tranquilamente, do xornal de hoxe. Somos diversidade con inquedanzas lectoras diversas. De aí a oferta variada de clubs de lectura que temos partindo de Babel hoxe en día. De aí que non tardase nada en saír do armario o noso querido club LGBTIQ+

Previsións para o futuro? Reactivar plenamente a cooperación coa Biblioteca Ágora, Reactivar o club de francés Délicieux, crear un de lectura en portugués… mais sempre procurarmos satisfacer as necesidades lectoras do noso alumnado diverso e único.

Club de Lectura BABEL

Este pasado luns 8 de abril o Club  de Lectura BABEL reuniuse para comentar o libro de Francisco Castro Iridium.

Falamos de sentimentos, da diferenza, da discapacidade, das redes sociais … O libro visibiliza e ponlle voz ás persoas con Dano Cerebral Adquirido. 

Algo que deu para moito que comentar foi o tema da mirada dos outros ” non é como te sintas , senón como os outros te fan sentir a través da súa mirada”.

Unha historia de amor, de amizade, de sacrificios , de dificultades. Todos somos iguais , amamos e temos corazón.  

Encontro con Andrea Maceiras

Este pasado martes tivemos, no noso centro, un encontro coa escritora Andrea Maceiras. 

oznor

O alumnado de 3º ESO e os membros do Club  de lectura BABEL  leron  O que sei do silencio. Andrea compartiu connosco as súas historias de sereas e afondamos no tema do acoso; no que sente unha persoa acosada e a acosadora; que tipos de acoso existen e  na importancia de pedir axuda ante estes casos a un adulto.

Quedamos coa dedicatoria  dos libros que asinou:”non quedes en silencio”. Que non nos invada o monstro do medo e non calemos as situacións de acoso que vemos ao noso redor.

Tamén compartimos  ideas do libro lido polo alumnado de 1º BAC, Europa express. Preguntámoslle polo final do libro e en que se inspiró para retratar os personaxes. 

Falamos de que a animou a escribir, das fermosas portadas dos seus  libros e do próximo que está a escribir. 

mef

Grazas pola túa xenerosidade Andrea e as fermosas historias que contas e que non nos deixan indiferentes.     

Club de lectura BABEL

Este pasado luns tivemos a reunión do Club  de Lectura BABEL para comaprtir impresións e sentementos sobre a lectura do libro O que sei do silencio de Andrea Maceiras.

cof

Falamos do acoso, da soidade, da manipulación, da covardía, de moitos sentementos. E os que estabamos na reunión dixemos que todos nalgún momento da nosa vida fomos acosadores pasivos como Delia, a protagonista. 

 A lectura do libro non deixounos indiferentes!!!. 

O próximo 15 de febreiro teremos no noso instituto a Andrea Maceiras, entón poderemos facerlle moitas preguntas sobre este libro e sobre outro lido en 1º de BAC , Europa Express.  Agardámola con impaciencia.

Ao final da reunión anunciamos a próxima lectura , será Iridium  de Francisco Castro  da Ed. Galaxia.