RETOMANDO A NORMALIDADE PASENIÑO PERO SEN PAUSA

Reabre este curso a biblioteca volvendo ao seu espazo natural. Os libros, as mesas, as cadeiras, os andeis, recobran uso de seu. Xa vos temos lendo, facendo traballos, buscando información na sala de lectura. Benvidas e benvidos á vosa biblioteca.

Coma sempre, un primeiro contacto con Eva e Nuria, bibliotecarias do centro Ágora para dinamizar actividades conxuntas. Este curso concentraranse en xaneiro, xa que é o X aniversario da biblioteca Ágora.

E un ano máis, fostes vós quen nos destes a enerxía suficiente como para comezar cos clubs de lectura. Este ano van ser sete: Club de banda deseñada, Club Babel, Club de poesía, Club LGTBIQ+, Club de teatro LGTBIQ+, Club de francés e o recén incorporado Club de lectura científico. No que queda de mes poñeremos todos en funcionameto. Esteade atentas e atentos ás convocatorias nas redes sociais e nos anuncios que poñeremos na porta da Biblioteca.

Agradecémoslle á nosa profesora de plástica, a ilustradora Laura Velasco o deseño que será a carta de presentación para o club LGTBIQ+.

Outubro é día sinalado na literatura galega. O Premio Nacional de Literatura recaeu sobre a obra de Xesús Fraga: Virtudes (e misterios). Xa a tedes á vosa disposición desde hai meses.

Onte, Día das escritoras, quixemos que nos nosos andeis desen a cara para así identificar mellor a súa obra.

Velaí vos vai este comezo de curso en imaxes, e se queredes, tamén podedes acceder a todas as nosas actividades no instagram da biblioteca

COMPARTINDO LECTURAS NA DIVERSIDADE

No IES Agra do Orzán o primeiro club de lectura que se formou foi BABEL. Se nos fixamos no título desta entrada, parece haber unha conexión co nome, non si?

Pero coa torre de Babel, non coa Biblioteca de BABEL, da que Borges nos dá boa conta. A nosa biblioteca é accesible, rectangular e está formada por máis de cinco andeis, con máis de 32 libros cada andel. A nosa biblioteca non existiu ab aeterno, e as bibliotecarias non somos obra do azar ou dos demiúrgos malévolos como no relato borgiano.

Hai catro anos entramos no PLAMBE e para o vindeiro curso BABEL cumpre unha década. No ano 2013-2014 entramos a formar parte do grupo DADO, integrado por institutos da Coruña que comparten inquedanzas lectoras e pouco e pouco fomos medrando.

O nome xenérico do noso club de lectura conecta máis con estoutra foto, tirada do artigo que La Voz de Galicia publicou en 2018 e que podería ser, tranquilamente, do xornal de hoxe. Somos diversidade con inquedanzas lectoras diversas. De aí a oferta variada de clubs de lectura que temos partindo de Babel hoxe en día. De aí que non tardase nada en saír do armario o noso querido club LGBTIQ+

Previsións para o futuro? Reactivar plenamente a cooperación coa Biblioteca Ágora, Reactivar o club de francés Délicieux, crear un de lectura en portugués… mais sempre procurarmos satisfacer as necesidades lectoras do noso alumnado diverso e único.

Clubs de Lectura

Este curso temos unha boa nova!. Poremos en marcha tres clubs de lectura: O de Francés que o coordina François  Davo, o Club  de Poesía que o leva Iolanda Sánchez e o club  de lectura BABEL que o modera Milagros Martínez. 

Se queredes participar anotarvos na Biblioteca.     

cof

 

Le club de lecture 2017/2018, c’est parti !

O clube de lectura en francés do IES Agra do Orzán bota a andar, no marco do clube de lectura da Biblioteca do instituto.  Reunirase no recreo  unha vez ao mes. Se estades interesados falade con François ou co profesorado da Biblioteca antes do 31 de outubro. Animádevos !  

Neste curso, imos ler, entre outros libros :

No et moi, de Delphine de Vigan.

« Ela parecía tan nova. Sen embargo, tiven a impresión de que sabía moito da vida, ou máis ben que da vida ela coñecía algo que asustaba. » (Delphine de Vigan).

Lou Bertignac, a narradora, é unha adolescente de altas capacidades que se sinte algo « rara », algo desprazada nunha aula con compañeiro/as dous anos maiores ca ela. Soña con atopar o amor, colecciona palabras, realiza experiencias domésticas orixinais e elabora teorías persoais. Ao un tempo, vive cun auténtico pánico a idea de ter que facer unha exposición na aula da materia de Sociais, de falar en público. Ata que coñece No, unha rapaza que lle leva poucos anos, e que loita para sobrevivir na rúa : unha « sen teito ». Para axudala, Lou se atreve a vivir unha experiencia arriscada contra a crueldade do destino.

Velaquí unha novela que aborda temas graves desde a inocencia e a sinceridade de adolescentes inquedos. Unha historia de amizade e amor. Unha reflexión, tamén, sobre a « normalidade », a solidaridade e a empatía, e sobre a axuda e os seus límites.

Delphine de Vigan é unha autora francesa que se deu a coñecer con esta novela (Premio das Librarías francesas 2006). Recibiu tamén, entre outros galardóns, o Prix Renaudot des lycéens, a modalidade dun histórico premio literario cuxo xurado está composto unicamente por alumnas e alumnos de institutos de Francia.

51KXpSTOevL._SX307_BO1,204,203,200_

A novela No et moi foi levada ao cine en 2010 pola directora Zabou Breitman :
https://www.youtube.com/watch?v=dEpgFGBUuRI

Pódense ler valoracións desta novela na ligazón :
https://www.babelio.com/livres/Vigan-No-et-moi/32884