RETOMANDO A NORMALIDADE PASENIÑO PERO SEN PAUSA

Reabre este curso a biblioteca volvendo ao seu espazo natural. Os libros, as mesas, as cadeiras, os andeis, recobran uso de seu. Xa vos temos lendo, facendo traballos, buscando información na sala de lectura. Benvidas e benvidos á vosa biblioteca.

Coma sempre, un primeiro contacto con Eva e Nuria, bibliotecarias do centro Ágora para dinamizar actividades conxuntas. Este curso concentraranse en xaneiro, xa que é o X aniversario da biblioteca Ágora.

E un ano máis, fostes vós quen nos destes a enerxía suficiente como para comezar cos clubs de lectura. Este ano van ser sete: Club de banda deseñada, Club Babel, Club de poesía, Club LGTBIQ+, Club de teatro LGTBIQ+, Club de francés e o recén incorporado Club de lectura científico. No que queda de mes poñeremos todos en funcionameto. Esteade atentas e atentos ás convocatorias nas redes sociais e nos anuncios que poñeremos na porta da Biblioteca.

Agradecémoslle á nosa profesora de plástica, a ilustradora Laura Velasco o deseño que será a carta de presentación para o club LGTBIQ+.

Outubro é día sinalado na literatura galega. O Premio Nacional de Literatura recaeu sobre a obra de Xesús Fraga: Virtudes (e misterios). Xa a tedes á vosa disposición desde hai meses.

Onte, Día das escritoras, quixemos que nos nosos andeis desen a cara para así identificar mellor a súa obra.

Velaí vos vai este comezo de curso en imaxes, e se queredes, tamén podedes acceder a todas as nosas actividades no instagram da biblioteca

CLUB DE LECTURA 1º ESO

O pasado venres tivemos a reunión do Club de Lectura de 1º ESO. Coñecimos un pouquiño máis a Anémona de Río, o seu traballo na Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético . Analizamos as personaxes do manga galego TAM , e profundizamos nas caraterísticas do manga.

Que gozada de alumnado !!!

CLUB DE LECTURA 1º E 2º ESO. TAM.

Este curso estamos de estrea. Temos un novo club de lectura! A rapazada de 1º e 2º desfruta dun lugar común de lectura compartida. Moitas e moitos de vós xa nolo pediades o curso pasado. Pois ben, aquí os tedes comentando a súa primeira obra Tam e degustando o doce que confeccionou para a ocasión Fran González, dinamizador deste club.

Concurso Microrrelatos e bookstrailers . Gala Clubs de Lectura- Grupo DADO

Na Gala dos Clubs de Lectura dos institutos integrantes do Grupo DADO , o Club  de Lectura en Francés, do noso  instituto, presentou esta curtametraxe. Parabéns! 

Concurso Booktrailers Categoría A  , 2º posto . Paula Salgado de 3 ºESO -B. 

Finalista Categoría A de Microrrelatos , Julia Blanco de 3º ESO -C 

ANESTESIA GENERAL

Me encuentro.

con los pies.

clavados en el suelo.

[la mente fría]

enterrando todos.

mis recuerdos.

muy al fondo. casi en el centro de la tierra.

casi sin darme cuenta.

de que         [si los toco]    van a arder.

y volver a quemar.

 

Finalista Categoría B de Microrrelatos , Carla Queijo  de 2º BAC 

CUENTO SIN HADAS

La bella gritó horrorizada cuando la bestia se abalanzó sobre ella arrebatándole la delicada flor, destrozándola, arrancando sus pétalos carmesíes con brutalidad. Una fuerte luz deslumbró el lugar y, ante los ojos de los recién llegados, la bestia se transformó en un muchacho normal: sin garras, sin colmillos, pero aun así, una auténtica bestia.

Fue una condena revisable de 12 años para él y una maldición inquebrantable para ella: aquel doloroso recuerdo. Y aquí, ni fueron felices ni comieron perdices.

Gala Clubs de lectura. Grupo DADO

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado martes 30  de abril todos os participantes dos clubs de lectura do noso instituto,acudimos  ao Auditorio do Ágora para participar na Gala dos Clubs  de Lectura de instituos da cidade, integrantes do grupo DADO.

Deixámosvos a ligazón á entrada do blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas municipais. 

Ademáis das actuacións do alumnado do IES Menéndez Pidal , entregáronse os premios do concurso de Microrrelatos e de Bookstrailers. 

Parabéns á alumna Paula Salgado  de 3º ESO -B que obtivo o 2º premio na categoría de bookstrailers , felicitar a Julia Blanco de 3º ESO -C e a Carla Queijo  de 2º BAC – B que quedaron finalistas no concurso de microrrelatos. Tamén agradecer ao resto do alumnado que presentou microrrelatos e bookstrailers.   

Noutra entrada do blog compartiremos os microrrelatos participantes e os bookstrailers do noso alumnado. 

Encontro con Andrea Maceiras

Este pasado martes tivemos, no noso centro, un encontro coa escritora Andrea Maceiras. 

oznor

O alumnado de 3º ESO e os membros do Club  de lectura BABEL  leron  O que sei do silencio. Andrea compartiu connosco as súas historias de sereas e afondamos no tema do acoso; no que sente unha persoa acosada e a acosadora; que tipos de acoso existen e  na importancia de pedir axuda ante estes casos a un adulto.

Quedamos coa dedicatoria  dos libros que asinou:”non quedes en silencio”. Que non nos invada o monstro do medo e non calemos as situacións de acoso que vemos ao noso redor.

Tamén compartimos  ideas do libro lido polo alumnado de 1º BAC, Europa express. Preguntámoslle polo final do libro e en que se inspiró para retratar os personaxes. 

Falamos de que a animou a escribir, das fermosas portadas dos seus  libros e do próximo que está a escribir. 

mef

Grazas pola túa xenerosidade Andrea e as fermosas historias que contas e que non nos deixan indiferentes.     

I Concurso de videoanimación lectora Premios DADO

I PREMIOS DADO ( Grupo de clubs de lectura do IES Zaleta, IES Monelos, IES Monte das Moas,IES Elviña, IES Rafael Dieste, IES Agra do Orzán)

Vídeoanimación lectora

CATEGORÍAS:

1ª : Vídeo individual elaborado sen retoques tecnolóxicos por algún membro pertencente aos clubs de lectura dos centros do Grupo Dado. O libro no que se centra a animación á lectura pode pertencer ou non aos traballados nos clubs. Tres premios: 1º premio: 50 euros; 2º premio: 30 euros e 3º premio: 20 euros en cheques-libro.

2ª : Vídeo grupal dun libro traballado nun equipo de lectura sen retoques tecnolóxicos (mínimo 3 membros). Necesariamente os equipos terán que ser de rapaces que participan actualmente nun club de lectura e centrarse nun libro que se leu ou se está a ler. Tres premios : 1º premio: 10 entradas de cine para calquera día do presente ano; 2º premio: 6 entradas de cine; 3º premio: 4 entradas de cine.

3ª : Vídeo individual elaborado cuidando o feito tecnolóxico. Poderán ser feitos por alumnos alleos aos clubes de lectura ou non,  e o libro obxecto de animación non ten que pertencer aos lidos polos nosos clubs. Dous premios: 1º premio: 30 euros e 2º premio: 20 euros en cheques-libro.

 

TEMPO DOS VÍDEOS:

Entre 2 e 3 minutos os individuais; e cun máximo de 4 minutos o grupal.

OBXECTIVOS:

  • O principal, persuadir aos espectadores para que lean o libro

 

  • Secundarios: Valorarase en positivo a utilización do galego,  ten que aparecer a portada do libro. Os alumnos teñen que ter un papel predominante no vídeo. A súa imaxe ten que aparecer.

 

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:

Faranse 2 niveis por categoría (por unha banda alumnos de 1º e 2º ESO; e por outra, alumnos de 3º ESO en adiante). Cada centro poderá enviar un máximo de 4 vídeos por nivel e categoría.

A data tope de recepción dende cada centro será o 18 de marzo .

Os nominados serán convocados para a actividade do Ágora, con motivo do Día das Letras Galegas, ao redor do 17 de maio, e aí faremos unha gala con proxeccións incluidas.