Arquivo por etiquetas: Clubs lectura bibliotecas municipales
GALA LETRAS GALEGAS GRUPO DADO , CLUBS DE LECTURA
Hoxe celebramos no Auditorio do Ágora, a Gala das Letras Galegas do Grupo DADO , formado polos membros dos clubs de lectura do IES Monelos, IES Zalaeta , IES Monte das Moas, IES Elviña, IES Rafael Dieste e máis o noso club. A gala foi presentada polos alumnos do IES Zalaeta , dixo unhas palabras a directora da Biblioteca do Ágora, Cristina Ameijeiras ,o concelleiro de Cultura e os membros do xurado do Concurso de Microrrelatos , formado por representantes da Biblioteca Ágora e editores da cidade.
Tivemos unha fermosa e animada actuación musical a cargo de Iria Mejuto, integrante dunha formación adicada ao soul, BLACK .
Aquí tendes a entrada sobre a Gala no blog de Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais.
NA SEGUINTE ENTRADA DO BLOG DEIXÁMOSVOS OS MICRORRELATOS GAÑADORES DO NOSO CLUB DE LECTURA. E OS VIDEOS FINALISTAS.
Gala das Letras Galegas no Ágora e concurso videoanimación
O pasado xoves 12 de maio acudimos ao Ágora para participar nun recital con motivo das Letras Galegas , xunto con alumnos doutros institutos: IES Monelos, IES Monte das Moas, IES ELviña , IES Rafael Dieste e IES Zalaeta ( estes institutos formamos o GRUPO DADO.) Ao chegar pasamos por un PhotoCall con lendas en galego.Os deixamos ó enlace a unha pequena reseña da actividade no blog dos clubs de lectura das bibliotecas municipais.
A continuación escoitamos ao grupo “Xardín Desordenado” , cos seus poemas musicados de Manuel María , e logo foi a entrega de premios do concurso de videoanimación . Esta parte foi organizada e presentada polos alumnos do IES Zalaeta , xunto co seu profesor Antonio Frade.
O noso instituto participou no concurso presentando dous vídeos na categoría de vídeo grupal sin editar. As alumnas Nerea Rodríguez e Sara Somoza de 1º B presentaron o libro El asesinato de la profesora de Lengua de Sierra i Fabra , Paula Liste e Carla Souto de 1º B , presentaron Chamádeme Simbad de Francisco Castro.