Entrega de premios

Hoxe tivemos na entrada do instituto a entrega dos seguintes  premios:

Concurso de microrrelatos organizado polo GRUPO DADO:

1º premio Categoría A :  Paula Salgado Torres 1º ESO-B

2º premio categoría  B: Xoana González García 1º BAC -A 

Concurso ” Cartas de Amor”, organizado por Normalización Lingüística:

Carla Queijo Couto 4º  ESO B Antenas de Información Juvenil do Concello : Mika Crespo y María  Hermida

 Foto de grupo cos participantes no concurso de microrrelatos 

Advertisements

CONCURSO CARTAS DE AMOR “SAN VALENTÍN” 2017

” QUERIDA EVA” POR CARLA QUEIJO COUTO  4º ESO-B   

Querida Eva:

Volve ser 14 de febreiro, así que che enviarei outra carta máis.Nunca me Respondes… quizáis eu faga algo mal,  pero aínda así vou escribir.

Apareceches na miña vida cando xa pensaba que non me quedaba nada.  Axudáchesme a ser optimista e perseverante para poder saír adiante. Fuches a única que veu luz onde só quedaba escuridade, e consegueches espertar en min algo que ninguén conseguera espertar xamáis: amor.

Cada día ao ver o teu sorriso ou oir a túa doce voz, facíasme a persoa máis feliz do mundo, e cunha simple aperta convertías o peor dos días noutro maravilloso.

Aínda recordo o día no que te me confesaches, outro 14 de febreiro. Nese momento só sentín felicidade e nada máis que felicidade. Abalanzácheste sobre min e os nosos beizos fundíronse, creando o beixo máis tenro que nunca existiu.

Grazas por estar sempre ahí, Eva.  Grazas por devolverme a felicidade e ensinarme a amar.  Fuches a única que sempre me amosou un sorriso real, e a que me ensinou que até na escuridade sempre é posible chegar a atopar unha luz no seu interior.

Ámote, Eva.  Ámote e sempre te amarei.  Compreiche un ramo de lirios, sei que son os teus favoritos. Deixareinos xunto coa carta.  E non te procupes, mañán sairei pronto do traballo e irei a visitarte, meu amor.

Debo despedirme xa, do contrario o cemiterio pechará.

                                                                Quérote, sempre te quererei.